26 marzo 2021

REMATAMOS O TRIMESTRE

 No día de hoxe fixemos unhas actividades moi atractivas e divertidas para despedir o segundo trimestre. 

Fixemos bolboretas de papel coa técnica do origami, investigamos cun cubo en 3D (o Mergecube) coa axuda da profe Rebeca  e tivemos unha doce sorpresa na merenda.... 

Pasade unhas boas vacacións!!!













18 marzo 2021

INAGURAMOS RÚA E PRAZA

 Por fin chegou o día!! Despois de moito traballar e investigar sobre Josefina Castellví e Wangari Maathari chegou o momento de nomear o noso corredor e recanto de 2º cos seus nomes. A inaguración cos novos nomes tivo lugar coa participación de todo o alumnado: tivemos música, discursos dos "alcaldes e alcaldesas"e o "conselleiro e conselleira", cortamos a cinta para oficializar el acto, pusémonos as nosas mellores galas... Mirade, mirade...















09 marzo 2021

REMATAMOS O EXPERIMENTO DA AUGA E PLANTAS

 Como podedes ver nestas fotos, o noso experimento foi un éxito, pois comprobamos que as plantas son fundamentais para manter a auga limpa na natureza. Confirmamos que cantas máis plantas e compost haxa na superficie, máis transparente é a auga que se filtra.




XEOMETRIA MANIPULATIVA

 Estes días estivemos iniciándonos na xeometría, unha ciencia moi importante e con moito vocabulario matemático para aprender: liñas rectas e curvas, vértices, prismas, conos, pirámides...

Claro, que si ademáis recortamos, pegamos, plegamos, medimos, xogamos...a ciencia pode ser moi divertida!!!!


    















05 marzo 2021

NOVO EXPERIMENTO CON AUGA

 Xa que estes días estamos a traballar as unidades de medida dos líquidos, decidimos facer unha pequena demostración práctica aproveitando que no cole temos varios recipientes para medir litro, medio litro, cuartos de litro... Un experimento moi sinxelo, pero moi visual, para interiorizar as medidas de capacidade. 

Agua, un pouco de colorante e...  a medir, experimentar, comprobar, razonar, calcular e facer matemáticas divertidas.







de






EXPERIMENTO CON AUGA E PLANTAS

 Pois despois dunha semana de coidar as nosas sementes e comprobar como vanse xirando cara o sol, xa puidemos pasar á segunda fase do experimento. Quitamos os tapóns das garrafas e colocamos uns vasos para recoller a auga que vai filtrando a terra. Regamos dabondo e tocou facer hipósteses. Algúns alumnos e alumnas pensan que a auga sairá marrón, outros pensan que transparente... que sucederá?????