30 abril 2020

O NOSO MUSEO VIRTUAL

  Durante o confinamento xeramos moito material de refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas, papel, botellas, botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra (pedras, follas, paos, flores…)... que tal se tentamos convertelo en arte?. Poderemos crear algo: una escultura, un cadro, un relevo, una máquina, un… Deixemos voar a nosa imaxinación!!

O bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística. Faremos “O noso museo virtual ".  Quizais, cando isto remate, poderemos facer una exposición no colexio “A arte nos tempos do confinamento” con todas as obras realizadas. Para iso:

1. Veremos algunha idea se queremos en…

2. Elixiremos o material de refugallo que imos usar.

3. Elaboramos

4. Mandaremos  foto da obra e autoría co título da nosa creación artística  


Saúdos agarimosos.

MEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE


  Bos días! Lembrades como empregábamos o noso propio corpo para medir obxectos? No seguinte video podemos recordalo:

Palmo, pé, paso

Agora o que temos que facer é estimar, intentar adiviñar, cantos palmos, pasos ou pes terán os nosos medios de transporte (os que pusemos nas táboas) e ordenalos de menor a maior. Así traballamos os tamaños.
Aquí temos un xogo tamén para medir co corpo:

medimos

 Buscamos matemáticas nos medios de transporte? Poden ser números, formas xeométricas.. E como agora podemos sair á rúa, que tal facer fotos? Animádevos...
                                             Placa matrícula aluminio. Coche. Larga | Tienda de Camping online

29 abril 2020

CLASIFICAMOS OS MEDIOS DE TRANSPORTE

Bos días! Aquí temos un vídeo para repasar como clasificamos os medios de transporte. Podedes mirar os que tedes da actividad do luns, e organizalos. Ao final do vídeo temos unha pregunta... imaxinade e creade!!

CAL CREARÍADES?


Agora presentámosvos un enlace para escoitar o son dos medios de transporte: Se pechades os ollos adivinaríades cal é cal? Veña! ollos pechados e logo podemos ver cantos acertamos!!!

Que son fan os medios de transporte?


28 abril 2020

INGLÉS

No blog de inglés podedes atopar actividades para seguir traballando o transporte  
MEANS OF TRANSPORT


3 cancións:
http:///www.youtube.com/watch?v=sgb6uhoPW5g


2 xogos


e un episodio de Peppa Pig en inglés:

Aquí tedes o correo da profe de inglés por si lle queredes mandar algo: vilaverdeenglish@gmail.com

DE VIAXE...

Continuando co tema dos medios de transporte hoxe  podemos facer unha pequena redacción dun viaxe que vos gustara moito, moitísimo... Podedes falar do lugar onde fuches, como, con quen, cantos días ou horas, que é o que máis che gustou e o que menos...

A profe Lola pídevos que escoitedes esta canción antes para que a vosa imaxinación se poña en marcha!!!!

Vou de viaxe, de Pablo Díaz, sin pictos

Vou de viaxe, de Pablo Díez, con pictos


                                   Tic Tac Toc de Pablo Díaz en Amazon Music - Amazon.es

27 abril 2020

EDUCACIÓN FÍSICA

Nenas e nenos, deixámosvos aquí un enlace que vos permite acceder a actividades elaboradas pola mestra Mónica de Educación Física.
Son actividades moi chulas que teñen relación cos medios transporte!!!

PARA 1º OS TRANSPORTES


MEDIOS DE TRANSPORTE

  Que vos parece se investigamos sobre os medios de transporte?  Os medios de transporte son os que  utilizamos para desplazarnos dun lugar a outro. Existen moitas maneras de organizalos. Podedes empezar por facer unha táboa como esta, escribindo e facendo un debuxo. Cantos sodes capaces de poñer?


MEDIOS DE TRANSPORTE NOS QUE MONTEI ALGUNHA VEZ
MEDIOS DE TRANSPORTE NOS QUE NUNCA MONTEI.




Autobús










Submarino

A profe Isa preparou unha pequena actividade relacionada, podedes botar unha ollada aquí:








26 abril 2020

RELATO VIAXEIRO

Aprezadas familias:
Como inda temos que permanecer na casa... podemos compartir unha actividade de escritura coa clase e en familia.
Este ano é o centenario do nacemento de Gianni Rodari  ilustre escritor, mestre, pedagogo e xornalista italiano.

Partindo dun anaquiño da súa obra “Contos por teléfono” imos crear un conto novo.
A idea é que fagamos esta actividade no faladoiro ao longo deste domingo. 

Comezaremos as mestras iniciando a historia pola mañá,  e apartires de ahí, según vaiades entrando no faladoiro, podedes ir continuando a historia.
Animádesvos? de seguro vainos quedar un conto chulo!!!
                                    Gramática de la fantasía, de Gianni Rodari. | habíaunaveztruz

24 abril 2020

CONSTRUIMOS ORACIÓNS

  Bos días! Nesta ocasión, como proposta, presentamos uns enlaces que nos permiten acceder a un xogo para construir oracións. O que hai que facer é colocar cada palabra para que a oración teña sentido. LEMBRADE: UNHA ORACIÓN É UN CONXUNTO DE PALABRAS CON SENTIDO COMPLETO!

ORACIÓNS

ORACIÓNS 2

Bo fin de semana rapazas e rapaces!!!!!

23 abril 2020

FAMILIAS LECTORAS

Bos días!! Aquí deixamos o vídeo das FAMILIAS LECTORAS, moitas grazas por participar!!!











Familias lectoras 1ºA


Familia Mario




QUEREMOS RECORDARVOS QUE VISITEDES O BLOG DE INGLÉS, TEN UNS ENLACES MOI CHULOS PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS!!!

DÍA DO LIBRO

   Sabedes que hoxe celebramos o Día do Libro, asi que a proposta que plantexamos é para ler, ler e ler moito!!!!!!

José está contento

José está triste

José está enfadado

                           Dos Niños Leyendo Libros En La Ilustración Del Parque ...
     Botade unha ollada no blog da biblioteca. Lampi ten moitas máis suxerencias.

22 abril 2020

ESCRIBIMOS UNHA CARTA

  Seguro que xa vistedes no blog do cole que o noso Paco está a coidar o horto. Nas fotos vemos que grandes están xa as nosas leitugas e cebolas. Mágoa non poder velas alí, verdade?
Que os parece se lle escribimos unha carta a Paco para darlle as grazas polo seu traballo ? De seguro que se pon moi contento... 

                        Carta De La Estructura De La Compania Descargar Gratis ...
Nenos e nenas de Relixión, a profe Isa ten unha proposta de traballo para vós:

https://drive.google.com/open?id=154XlETWcVYRAdo8tfbGwDZ8-yuHgvEKy 

20 abril 2020

CONTOS PARA REFLEXIONAR


  Bos  días a todos e a todas! Aquí temos un conto no que atopanos unhas preguntas que nos fan reflexionar sobre o que nel acontece, indagar sobre o que ocorrerá, especular e reflexionar. Podemos leelo en familia e facer as preguntas en voz alta, falando e compartindo ca familia, e ver quen de nós ten razón á hora de saber que pasará.








E lembrade botar unha ollada nos blogs de inglés e música!!!!

17 abril 2020

UN POUQUIÑO DE MATES...

Hoxe planteamos uns retos matemáticos, a ver se poñedes a funcionar esa cabeciña. Veña, a pensar, razoar,calcular...








Aquí tedes un tablero para xogar cas matemáticas. As fichas podedes facelas con follas, recortes, cartón... o que se vos ocurra! 






16 abril 2020

MÁIS DEBUXOS PRIMAVERAIS

Que ledicia ver estes debuxos tan coloridos nestes días de chuvia!!! Grazas a Gabriel, Marcos e Yago por encher o blog de cores da primavera!!!!



ESCRIBIMOS CON PAUTA

Bos días!!! deixámos aquí unha pauta para que a poidades descargar e imprimir. Serviranos para escribir ben todas al letras, tendo en conta ata onde teñen que chegar as letras tanto pola parte de arriba como por abaixo.



Tamén vos deixamos un enlace para poder acceder a diferentes pautas e poder telas na casa


E ti que farías por min?


Lembrades o noso conto de lectura? Seguro que o tedes lido moitas veces nestes días... Na clase xa estivemos traballando varias cousas sobre el, que vos parece se continuamos disfrutando dos nosos amigos Malta e Marqués? Podemos empezar con Malta, facendo unha pequena descripción dela. Mirade ben as ilustracións e escribide unhas cantas liñas (en galego).     
                                        E ti que farías por min? INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN ...

15 abril 2020

TRABALLAR EXPRESIÓN ORAL

Deixámosvos unha proposta para poder traballar a expresión oral na casa de xeito moi divertido. Esperamos que vos animedes.


QUE FIXEN NAS VACACIÓNS?

  Hoxe queremos propoñervos que fagades unha pequena redacción. Tedes que elexir un momento especial destas vacacións de Semana Santa e contar con moitos detalles como foi. Pode ser un xogo en familia, unha receita, unha canción, un baile, unha película, unha videochamada... Veña, boa letra, e seguro que en cinco ou seis liñas podes describir moi ben esa experiencia.

                                               Ilustración de childen en un dormitorio Foto de archivo - 14106855 

14 abril 2020

VOLTA DAS VACACIÓNS!!

Ola a todas e a todos! Como pasástedes as vacacións? Inda que tivemos que quedar na casa de seguro que fixéstedes algo moi divertido estes días.

  Neste mes de abril celébrase O DÍA DO LIBRO, e queremos propoñervos unha actividade titulada "FAMILIAS LECTORAS".  Como quedamos na casa a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira...) servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso, se nos apetece colaborar:
1º Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
2º Remitiremos (se nos é posible antes do día 22 de abril) título, foto e datos da lectura polas canles de comunicación que xa vos facilitaron as titoras.



                                            

MÁIS DEBUXOS DA PRIMAVERA

Aquí temos os debuxos de Ián, Marcos e Mara Tuda. MOI BONITOS!!!






SOMOS COCIÑEIROS!!!

E aquí temos as fotos da receta de Antía!!! ummmm, ten unha pintaza!! ÑAM, ÑAM!






04 abril 2020

03 abril 2020

DEBUXOS PRIMAVERAIS DÍA 3

Hoxe venres seguiron chegando máis debuxos. Aquí temos os de Iria, Daniel Rey, Diego, Fabrizzio, Malena e Mario. Moi ben artistas!!!












02 abril 2020

DEBUXOS PRIMAVERAIS. DÍA 2 TARDE.


E cos debuxos desta mesma tarde chegamos aos 31!!!!  Noraboa para Aitana, Alejandro, Alex, Antía, Carmela, Carmen, Clara, Sofía, Jorge, Lucas, Marta, Micaela, Nicolás, Sergio, Tiago e Vera!!!!!