Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUALIDADES. Amosar todas as publicacións

22 febreiro 2021

MAQUETA DA PAISAXE

 Estes días tivemos moita tarefa que facer coa plastilina. Case todo do que aprendimos neste proxecto da paisaxe podemos atopalo nas nosas maquetas, gran traballo!!! 









05 febreiro 2021

MANUALIDADES DO PROXECTO

 Xa imos rematando algúns traballos do noso proxecto...

Reproducimos o ciclo da auga nunha bolsa de plástico, con auga e colorante. Que mellor maneira de aprender o que é a evaporación, condensación e precipitación, verdade?

Tamén fixemos uns peixiños preciosos e con moito colorido a partires dun prato de cartón, papel charol e a nosa creatividade e esforzo. Velaquí o resultado.















16 xaneiro 2021

MANUALIDADES

 Comenzamos un novo proxecto, estamos a traballar "A auga". A nosa actividade de plástica está relacionada con este proxecto, que estamos facendo? Animádesvos a adiviñar que pode ser? 









21 decembro 2020

CHEGA O INVERNO: FABRICAMOS NEVE

 Hoxe 21 de decembro os nenos e nenas de 2º fixeron un experimento moi invernal para festexar que empezaba o inverno: fabricaron neve!!!! 

A receita é moi doada: bicarbonato e auga. Mirade como amasaron, manipularon, crearon... Tamén se pode botar purpurina ou tinta. O resultado é espectacular!!!!















 

12 decembro 2020

POSTAIS DE NADAL

  Como todos os anos, os nenos e nenas do cole están a elaborar as súas tarxetas de Nadal para felicitar ás familias. Este ano inspirámonos na pintora galega Teresa Irisarri, que fai uns cadros alegres, cheos de cores, figuras máxicas, puntiños de moitos tamaños... 


  


  

13 novembro 2020

CONTOS E HISTORIAS DO MAGOSTO 2020

 Todas as nenas e nenos de segundo participamos nunha actividade moi interesante onde nos poidemos converter en autores de historias e contos relacionados co Magosto. 

Ao longo da semana estivemos escribindo, coloreando, organizando...Estamos moi orgullosas e orgullosos dos resultados acadados, e as nosas portadas son dignas de compartir.

Aquí algúns exemplos:















26 outubro 2020

SOMOS DECORADORAS. SOMOS DECORADORES.

 Tanto investigar e traballar sobre os tipos de vivendas, a súa historia, as diferencias...xa tocaba poñer a traballar a imaxinación e creatividade do noso alumnado. Por primeira vez para moitos tivemos diante o plano dunha vivenda e... a encherla de mobiliario, decoración, obxectos cotidianos...!!!!











21 maio 2020

OVELLAS DE ALGODÓN

Hoxe a profe de Relixión recopilou todos os traballos dos nenos e nenas de 1º. Queredes ver que ovellas tan amorosas fixeron?