30 novembro 2019

COÑECENDO A JOAN MIRÓ

Durante estes días o alumnado de 1º está a traballar o mundo de Joan Miró. Investigamos a súa biografía, analizamos a súa obra, manipulamos os seus cadros de figuras e cores... Tivemos a sorte de que Mónica, a nai de Antón e Vera, viñera ao cole para darnos unha charla e mostrarnos cómo debuxaba Miró, ensinarnos os materiais que utilizaba e, como remate, elaboramos un collague coas figuras do universo Miró: lúas, estrelas, paxaros, ollos... 





25 novembro 2019

25 DE NOVEMBRO: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


HOXE QUEREMOS QUE TODO O MUNDO SEPA QUE ESTAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!













DÍA DA PALABRA

Para festexar o día da palabra, estivemos a pensar en aquelas palabras que son nosas preferidas, fixemos xogos e inventamos contos.








20 novembro 2019

20 NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA


Moito temos falado esta semana sobre o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA: de cales son os nosos dereitos, de que aínda podemos atopar nenas e nenos que non teñen estes dereitos e da sorte que nós sí que temos.

FIXEMOS CARTEIS PARA REIVINDICAR QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO CONTAN!!! 










15 novembro 2019

INVITACIÓN PARA EXPOSICIÓN


O alumnado de 1º diseñou unhas fermosas invitacións para convidar as súas familias á exposición de amuletos do cole. Aprendemos a importancia de poñer ben os datos: lugar, data,  motivo da invitación...Agardamos a vosa visita!




13 novembro 2019

SAMAÍN- MAGOSTO 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNHA VISITA Á EXPOSICIÓN DE AMULETOS E MEDOS DOS NENOS E NENAS DE TODO O COLEXIO, BAILES, COMILONA DE CASTAÑAS E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE... FOI UN DÍA XENIAL!

























12 novembro 2019

PROXECTO O CORPO HUMANO

SEGUIMOS INVESTIGANDO O CORPO HUMANO E CADA VEZ SABEMOS MÁIS DEL, APROVEITAMOS A INVESTIGAR NO NOSO RINCON DA AULA, CON LIBROS DA BIBLIOTECA DO COLE.



APRENDER XOGANDO É O MELLOR, O MÁIS DOADO E O QUE MÁIS NOS GUSTA!!!


06 novembro 2019

REALIDADE AUMENTADA

A realidade aumentada axúdanos a aprender moitas cousas sobre como funciona o noso corpo. A golpe de clic investigamos onde están os principais órganos do corpo e a relación entre eles.