22 xuño 2022

SUXESTIÓNS PARA O VERÁN 2022


Preme nos seguintes enlaces:

SUXESTIÓNS DE TRABALLO

SUXESTIÓNS LECTORAS

COMEZA O VERÁN

Últimas horas en TERCEIRO:

- Cantamos, bailamos,  merendamos, houbo sesión cine...
- Apertas, felicitacións e despedidas.
- O verán xa chegou...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol, praia, deporte e voltaremos, pero xa estaremos en CUARTO.
Ata sempre profe Puri!!! 😍😍😍
   

 FELICES  VACACIÓNS!!!
VÉMONOS   EN  SETEMBRO!


17 xuño 2022

ACOLLIDA EN 3º

As nenas e os nenos de 2º visitaron as clases de 3º como parte do PLAN DE ACOLLIDA. Tócanos ser anfitrioas e anfitrións, amosámoslles as aulas que ocuparán o próximo curso.

Ensinámoslles os nosos materiais: as libretas, os arquivadores, os  traballos, o globo terráqueo, os mapas, os nosos libros preferidos...os traballos de Plástica... 
Intentamos respostar as súas curiosidades. 
 
Tamén falamos das axendas de 3º e as diferenzas coas de 2º, sen esquecer que temos unha axenda de aula para anotar os avisos importantes a recordar.
 
Contáronnos a saída que fixeron a Apípolis hai uns días. Que ben explicado!!!👏👏👏
 
Compartimos unha sesión moi desexada despois dos meses que levamos sen poder xuntarnos pola pandemia.

Intercambiamos uns agasallos personalizados que nos fixeron moita ilusión.

Esperamos que lles gustará a visita e desexámoslles o mellor para o próximo curso.

16 xuño 2022

VISITAMOS O HORTO ESCOLAR

Visitamos ao horto escolar xestionado polo alumnado de 6º e coordinado pola profe Maite Vázquez.

Dúas compañeiras e un compañeiro de 6º foron ensinando, pasiño a paso, todos os recunchos do horto. Comentaron como están distribuídas as bancadas, os etiquetados, os tipos de plantas e as súas características.

Falamos do composteiro no que colaboramos cos restos orgánicos durante todo o curso. Escoitamos con atención información sobre plantas ornamentais, aromáticas, tubérculos, hortalizas...

Foi unha visita moi enriquecedora e con sorpresa final 😉. Rematamos "levantando patacas" e levamos a mostra ás nosas casas.

Parabéns para todo o alumnado que traballou nesta experiencia, especialmente para o trío que nos atendeu. Encantounos!!! 👋👋👋


15 xuño 2022

RECOLLIDA E BALANCE DE CURSO

Estes últimos días do curso recollemos e organizamos os  materias empregados durante o curso escolar 2021/2022.

Tamén  rematamos tarefas e ordenamos as actividades. Moitos traballos van xa para as nosas casas...outros seguirán no cole porque serán de utilidade no próximo curso.

Aproveitamos para facer balance, comentamos e avaliamos proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...

 

02 xuño 2022

EXPOSICIÓNS ORAIS NAS AULAS DE 3º

O día 18 de maio iniciamos un ciclo de exposicións con temas de Ciencias Sociais ou Ciencias da Natureza en lingua galega.

As exposicións foron individuais cunha duración máxima de dez minutos e podían acompañarse con fotos, esquemas, diapositivas, maquetas, presentacións PPT,  cartolinas-murais, libros ou contos...

A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas aulas.

A listaxe dos temas foi moi variada, escoitamos con moita atención e aprendimos a ser un público entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.

Compartimos as  imaxes das nosas exposicións: