22 decembro 2020

FELIZ NADAL!!!

 Todas as nenas e nenos de segundo QUEREMOS FELICITARVOS O NADAL, queremos que disfrutedes destas festas e comecedes o próximo ano 2021 con moita felicidade!!













21 decembro 2020

CHEGA O INVERNO: FABRICAMOS NEVE

 Hoxe 21 de decembro os nenos e nenas de 2º fixeron un experimento moi invernal para festexar que empezaba o inverno: fabricaron neve!!!! 

A receita é moi doada: bicarbonato e auga. Mirade como amasaron, manipularon, crearon... Tamén se pode botar purpurina ou tinta. O resultado é espectacular!!!!















 

Rematamos o Proxecto das Plantas!

 Pois xa temos rematado o noso proxecto das Plantas. Moito aprendimos con este proxecto, ademáis pasámolo moi ben investigando sobre as flores, árbores e arbustos que podemos atopar no noso cole! 

Como productos finais todo o alumnado elaborou un lapbook e unha recopilación das investigacións con forma de invernadoiro.









CIRCUITO DAS EMOCIÓNS

 Este ano construimos unha gran cadea cos desexos de todas as alumnas e alumnos do colexio. Nela poderedes ver os desexos que temos todos e todas para o próximo ano que está a piques de chegar, e queremos invitarvos a que as vesades.








12 decembro 2020

POSTAIS DE NADAL

  Como todos os anos, os nenos e nenas do cole están a elaborar as súas tarxetas de Nadal para felicitar ás familias. Este ano inspirámonos na pintora galega Teresa Irisarri, que fai uns cadros alegres, cheos de cores, figuras máxicas, puntiños de moitos tamaños... 


  


  

11 decembro 2020

MUSEO VIRTUAL DE OUTONO

 Fermosísimo museo virtual de outono feito cos traballos de todo o alumnado do CEIP Vilaverde.  Entre todos e todas podemos facer cousiñas tan bonitas nestos tempos difíciles. Poñede os altoparlantes e disfrutade...

Parabéns ás familias pola vosa colaboración!