30 abril 2024

MEDIMOS NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA

Xa temos a estación colocada grazas a Paco, e no día de hoxe comenzamos a cubrir as tablas para traballar cos resultados. 




25 abril 2024

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Con motivo do DÍA DO LIBRO, as nenas e menos de 5° B contamos contos ao alumnado de 4 anos B. 












22 abril 2024

COMENZAMOS TRIMESTRE, seguimos experimentando para aprender

Este derradeiro trimestre estará plagado de novos proxectos e traballos, tamén atoparemos momentos de lecer, sorpresas e actividades compartidas entre clases.


Nesta ocasión tivemos a sorte de ver unha ESTACIÓN METEOROLÓXICA e familiarizarnos cos elementos que a conforman e como debemos empregala. Buscaremos unha boa localización para poder seguir as medicións durante unhas semanas.





Ademáis estivemos aprendendo conceptos básicos sobre ELEMENTOS METEOROLÓXICOS no laboratorio, cun pequeno e sinxelo experimento con auga.







14 febreiro 2024

A CORUÑA: DOMUS & AQUARIUM

Comezamos o mes de Febreiro viaxando á Coruña para visitar o Domus e o Aquarium. Foi unha experiencia marabillosa onde o alumnado participou activamente nas alternativas que ofrece este museo adicado ao ser humano, coñeceron e reflexionaron sobre as nosas características. Despois de xantar cunhas vistas estupendas, a seguinte parada foi o Aquarium. Alí contaron coa guía Raquel, unha experta na materia que trasladou á perfección a realidade nos océanos e a situación medioambiental que estamos a vivir.


               

    




     

  

       


   

                     

 

12 febreiro 2024

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

O pasado día 29 de Xaneiro, celebramos o Día da Paz e a non violencia no cole! Trátase dunha conmemoración especial, pola cal, día a día, traballamos e esforzámonos para para ser máis tolerantes e solidarios cos demais, tentando non ferir a ninguén coas nosas accións ou palabras e aceptando as diferenzas como elemento enriquecedor.

E todos xuntos cantamos: OS NENOS/AS QUEREMOS A PAZ!








VISITA AO PARLAMENTO GALEGO

O pasado 9 de Xaneiro, o alumnado de quinto curso viaxou a Santiago de Compostela para coñecer de primeira man como é Parlamento de Galicia. Os rapaces e rapazas contaron coa axuda dunha guía para poder coñecer en profundidade e comprender mellor o funcionamento do poder lexislativo da comunidade galega.