28 febreiro 2020

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

   Para conmemorar o Día de Rosalía no centro organizamos un recitado de poesías interniveis. Os nenos e nenas de 1ºA eleximos un poema de animais e, despois de memorizalo, o preparamos con moito agarimo: uns debuxiños dos artistas (Malena, Carmen, Alex, Sara, Inass e Irene), un pouco de música instrumental do noso tamborileiro Lucas... e xa estamos preparados para dramatizalo diante dos compañeiros e compañeiras de 3ºA. Velaquí o resultado:




COIDADO DA HORTA


As nosas cebolas e leitugas van medrando!!! Estes últimos días tivemos sol, chuvia...así que as plantas da nosa horta teñen todo o que precisan para medrar. De cando en vez lles botamos un pouco do noso ingredente segredo: moitos agarimos dos nenos e nenas de 1º!!!!!







18 febreiro 2020

16 febreiro 2020

APADRINAMOS UN PINGÜÍN


  Os nenos e nenas de 1º A acabamos de apadrinar un pingüín da Antártida, concretamente da Illa Decepción. Decidimos chamalo Pinguin, e fíxonos moitísima ilusión recibir un diploma coa foto do noso pingüín e o compromiso de coidar o planeta para que animais coma el teñan un futuro mellor. Xa somos padriños e madrinas!!!!!!!





15 febreiro 2020

PREPARANDO O ENTROIDO


O Entroido está a volta da esquina... Os nenos e nenas de 1º traballan arreo estes días para preparar o seu disfraz. De que pensades que van disfrazados? Nestas fotos tedes unha boa pista...




14 febreiro 2020

SALÓN DO LIBRO

  NO DÍA DE HOXE TIVEMOS MOITA SORTE PORQUE VEU ORBIL PARA RECORDARNOS QUE PRONTO PODREMOS VISITAR O SALÓN DO LIBRO. CONVIDOUNOS A TODOS E TODAS PARA ASISTIR E PASAR UN BO RATO PORQUE ESTE ANO VAI ADICADO AO HUMOR!!!!





TEATRO: "SAFARI"




Hoxe estivemos no teatro para ver a obra "Safari". Xa levábamos toda a semana traballando o tema do acoso escolar e o bullying no cole, así que as aventuras do león do Serengueti e outros animais da sabana gustáronos moito. Temos moi claro que NON QUEREMOS ACOSO ESCOLAR!!!!!







10 febreiro 2020

07 febreiro 2020

ANIMAIS DO AMAZONAS

Seguimos a traballar un novo hábitat. Eleximos o Amazonas, o "pulmón da Terra", pola súa enorme biodiversidade. Tivemos un primeiro achegamento na aula de Informática para saber onde está situado, que tipo de animais e vexetación hai...
E mirade o noso  recanto de material sobre o proxecto: non para de medrar coas aportacións dos alumnos e alumnas