20 decembro 2019

CHOCOLATADA

E por fín chegou o día... o derradeiro día antes das vacacións de Nadal! Foi un día para disfrutar, pelis, xogos, panxoliñas, visita do APALPADOR, chocolatada, rosca e chuches!!!



TARXETAS DE NADAL


Os nenos e nenas de 1º de Primaria deséxavos BO NADAL!!!!!!!



13 decembro 2019

TEATRO MUSICAL

O mércores 4 fomos de excursión ó teatro para ver a obra musical "A nena e o grilo máis aló", de Magín Blanco. Encantounos a decoración, o vestiario, os efectos especiais e, por suposto, as actuacións musicais. Temos o libro no cole, así que aproveitaremos para seguir traballando os medos e as emocións.









Moitas gracia á profe Lola por organizar esta saída!!

30 novembro 2019

COÑECENDO A JOAN MIRÓ

Durante estes días o alumnado de 1º está a traballar o mundo de Joan Miró. Investigamos a súa biografía, analizamos a súa obra, manipulamos os seus cadros de figuras e cores... Tivemos a sorte de que Mónica, a nai de Antón e Vera, viñera ao cole para darnos unha charla e mostrarnos cómo debuxaba Miró, ensinarnos os materiais que utilizaba e, como remate, elaboramos un collague coas figuras do universo Miró: lúas, estrelas, paxaros, ollos... 





25 novembro 2019

25 DE NOVEMBRO: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


HOXE QUEREMOS QUE TODO O MUNDO SEPA QUE ESTAMOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!













DÍA DA PALABRA

Para festexar o día da palabra, estivemos a pensar en aquelas palabras que son nosas preferidas, fixemos xogos e inventamos contos.








20 novembro 2019

20 NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA


Moito temos falado esta semana sobre o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA: de cales son os nosos dereitos, de que aínda podemos atopar nenas e nenos que non teñen estes dereitos e da sorte que nós sí que temos.

FIXEMOS CARTEIS PARA REIVINDICAR QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO MUNDO CONTAN!!! 










15 novembro 2019

INVITACIÓN PARA EXPOSICIÓN


O alumnado de 1º diseñou unhas fermosas invitacións para convidar as súas familias á exposición de amuletos do cole. Aprendemos a importancia de poñer ben os datos: lugar, data,  motivo da invitación...Agardamos a vosa visita!




13 novembro 2019

SAMAÍN- MAGOSTO 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO CUNHA VISITA Á EXPOSICIÓN DE AMULETOS E MEDOS DOS NENOS E NENAS DE TODO O COLEXIO, BAILES, COMILONA DE CASTAÑAS E OBRADOIRO DE MAQUILLAXE... FOI UN DÍA XENIAL!