21 xuño 2023

SUXESTIÓNS PARA O VERÁN 2023

Preme nos seguintes enlaces:

DESPEDIMOS O CURSO

Hoxe, 21 de xuño, comeza o verán e remata un curso rico en aprendizaxes, experiencias, alegrías, emocións...un pasiño máis da nosa formación.

Celebrámolo con animacións lectoras, chistes, películas, visitas de nenas e nenos maiores, degustación culinaria, presentación no patio da "CIUDAD HOJA" de 4ºA, merendola, dedicatorias, mimos, apertas, bailes, risas...😍😘😍😘😍😘

Clicando nas imaxes entramos nos álbumes

CIUDAD HOJA💚🌲🍃

Agora toca un ATA PRONTO! 

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!

VÉMONOS EN SETEMBRO!

20 xuño 2023

ÚLTIMOS DÍAS EN 4º

Estes últimos días tocou recoller, organizar materiais e devolver bibliografías empregadas durante o curso. Tamén rematamos algunhas tarefas e ordenamos-xuntamos traballos.
Na
casa e, cando revisemos os traballos feitos no curso,  valoraremos o esforzo empregado e notaremos como agora todo resulta máis doado.
Aproveitamos estes días para facer  balance, autoavaliación, lembrar exposicións orais, saídas, visitas, charlas, lecturas, teatro e recreos cheos de propostas...compartir pequenos e grandes momentos, aprender a xestionar emocións e conflictos...MEDRAR.
Tamén recibimos diplomas de participación no horto escolar, teatro, espazo maker e combo.
Enlaces "teatrais":
 
 
 
Sempre podemos "revivir" e compartir estas experiencias entrando no noso blog e nos álbumes de fotos.

19 xuño 2023

ACOLLIDA EN 5º

Este curso vai chegando ao seu fin. O pasado venres 16 e hoxe luns 19 preparamos a primeira fase do Plan de Acollida.

Visitamos ás aulas de 5ºA e 5ºB. Fomos acollidas e acollidos con entusiasmo e cariño polo alumnado que este ano remata 5º. Teñen axendas máis grosas, tamén usan libretas con espiral por ámbitos, teñen libros dixitais, empregan casilleiros para gardar os seus materiais e teñen a Plástica bilingüe en inglés e galego, pero o que máis chamou a nosa atención son os ORDENADORES PERSOAIS de cor vermella, o traballo en EDIXGAL e o reparto de materias en ámbitos científico-matemático e socio-lingüístico.

Explicáronnos as dificultades atopadas e como aprenderon a manexarse coa tecnoloxía, preguntamos, escoitamos, compartimos e agradecimos o tempo que pasaron con nós.👏👏👏

16 xuño 2023

VISITA Á GRANXA DE FINA

O xoves 15, o grupo de 4ºA, e o venres 16, o grupo de 4ºB, realizamos a última saída do curso.
Despois da charla sobre doma natural que recibimos no centro o pasado mes de marzo, tiñamos moita ilusión por visitar as instalacións, ver como funciona, aprender máis sobre estes animais e disfrutar xuntas e xuntos.

Axudamos a limpar, dar de comer, cepillar, montar, xogamos, merendamos, realizamos unha xincana...Pasamos unha xornada moi divertida como podemos compartir nas imaxes seguintes:

Clicando sobre as imaxes podemos entrar nos álbumes de 4ºA e 4ºB.


VISITA AO HORTO DO COLE

O grupo de compañeiras e compañeiros que participou na actividade de HORTO ESCOLAR durante o curso, dirixiron o  noso percorrido polo Horto de Ti e Ta con explicacións e detalles do seu funcionamento.
Faláronnos das normas de uso e comportamento, a elaboración do compost, déronnos unha breve explicación sobre plantas (partes, clasificación, usos...).
Paseamos e observamos os diferentes bancais.  
Clica nas imaxes para ver os álbumes

Agradecemos o voso esforzo e o tempo adicado ás exposicións realizadas con todos os grupos do cole.👏👏👏