Xa temos visto a diversidade familiar que podemos atopar, onde e cómo vivimos e a evolución das vivendas ao longo do tempo, como reciclamos e non malgastamos a auga nos nosos fogares.... agora toca falar dos oficios, acompañádesnos???
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
27 outubro 2020
PROXECTO A FAMILIA: OS OFICIOS
26 outubro 2020
SOMOS DECORADORAS. SOMOS DECORADORES.
Tanto investigar e traballar sobre os tipos de vivendas, a súa historia, as diferencias...xa tocaba poñer a traballar a imaxinación e creatividade do noso alumnado. Por primeira vez para moitos tivemos diante o plano dunha vivenda e... a encherla de mobiliario, decoración, obxectos cotidianos...!!!!
14 outubro 2020
REMATAMOS COAS ÁRBORES XENEALÓXICAS
Hoxe por fin rematamos as exposicións orais sobre as árbores xenealóxicas do noso alumnado.
Moitas gracias ás familias pola vosa implicación na búsqueda de fotografías, recordos, deseñar a árbore...de seguro que foi unha actividade moi enriquecedora para todos os membros das familias.
07 outubro 2020
MÁIS ÁRBORES XENEALÓXICAS
Continuamos coas exposicións. Aquí a mostra dos que compañeiros e compañeiras que no día de hoxe mostraron orgullosos ás súas familias.
06 outubro 2020
MÁIS ÁRBORES XENEALÓXICAS
E seguimos a coñecer as familias dos nosos compañeiros e compañeiras. Con esta actividade estamos traballando moito a expresión oral, a atención, escoita activa, respeto...
05 outubro 2020
PROXECTO FAMILIA: ÁRBORE XENEALÓXICA
Comezamos hoxe coas exposicións da árbore xenealóxica feita esta fin de semana. Moi orgullosos e orgullosas de mostrar na clase á nosa familia!!! Temos árbores con fotos, outras con debuxos..unhas familas teñen moitos membros e outras son pouquiños. Pero todas, todas, teñen moito amor.
01 outubro 2020
O noso novo proxecto este curso será sobre a familia. Tipos de familias, valores que hai nas familias, onde e como viven as familias...
A primeira tarefa de investigación será a elaboración dunha árbore xenealóxica. Podedes facelo no formato que queirades, con fotos, con debuxos, cos nomes...
O luns será o último día para enviar a foto cos traballos feitos, posto que adicaremos a semana seguinte para as exposicións orais.