ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
30 abril 2020
MEDIMOS MEDIOS DE TRANSPORTE
Bos días! Lembrades como empregábamos o noso propio corpo para medir obxectos? No seguinte video podemos recordalo:
Palmo, pé, paso
Agora o que temos que facer é estimar, intentar adiviñar, cantos palmos, pasos ou pes terán os nosos medios de transporte (os que pusemos nas táboas) e ordenalos de menor a maior. Así traballamos os tamaños.
Aquí temos un xogo tamén para medir co corpo:
medimos
Buscamos matemáticas nos medios de transporte? Poden ser números, formas xeométricas.. E como agora podemos sair á rúa, que tal facer fotos? Animádevos...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario