14 abril 2020

VOLTA DAS VACACIÓNS!!

Ola a todas e a todos! Como pasástedes as vacacións? Inda que tivemos que quedar na casa de seguro que fixéstedes algo moi divertido estes días.

  Neste mes de abril celébrase O DÍA DO LIBRO, e queremos propoñervos unha actividade titulada "FAMILIAS LECTORAS".  Como quedamos na casa a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira...) servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso, se nos apetece colaborar:
1º Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
2º Remitiremos (se nos é posible antes do día 22 de abril) título, foto e datos da lectura polas canles de comunicación que xa vos facilitaron as titoras.



                                            

Ningún comentario:

Publicar un comentario