Durante o confinamento xeramos moito
material de refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal,
sementes, bolsas, papel, botellas, botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará
materiais fóra (pedras, follas, paos, flores…)... que tal se tentamos convertelo en arte?. Poderemos crear algo: una
escultura, un cadro, un relevo, una máquina, un… Deixemos voar a nosa
imaxinación!!
O bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de
compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística. Faremos “O noso
museo virtual ". Quizais, cando isto remate, poderemos facer
una exposición no colexio “A arte nos tempos do confinamento” con todas
as obras realizadas. Para iso:
1. Veremos algunha idea se queremos en…
2. Elixiremos o material de refugallo que imos usar.
3. Elaboramos
4. Mandaremos foto da obra e autoría
co título da nosa creación artística
Saúdos agarimosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario