Amosando publicacións coa etiqueta somos artistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta somos artistas. Amosar todas as publicacións

31 maio 2021

EDUCACIÓN ARTÍSTICA

 Presentamos os libriños que preparou o alumnado de segundo traballando a cor, o degradado, o uso do pincel, as mesturas... Resultou unha actividade motivadora que tiña tamén unha parte de xeometría e uso da regra.  Gustou moito, moito! 


                                                      









30 abril 2020

O NOSO MUSEO VIRTUAL

  Durante o confinamento xeramos moito material de refugallo na casa (rolos de papel, tapóns, follas de xornal, sementes, bolsas, papel, botellas, botes…) e , quen teña xardín, tamén atopará materiais fóra (pedras, follas, paos, flores…)... que tal se tentamos convertelo en arte?. Poderemos crear algo: una escultura, un cadro, un relevo, una máquina, un… Deixemos voar a nosa imaxinación!!

O bo da arte é compartila, sería xenial que compartiramos co resto de compañeiras e compañeiros o resultado da nosa vea artística. Faremos “O noso museo virtual ".  Quizais, cando isto remate, poderemos facer una exposición no colexio “A arte nos tempos do confinamento” con todas as obras realizadas. Para iso:

1. Veremos algunha idea se queremos en…

2. Elixiremos o material de refugallo que imos usar.

3. Elaboramos

4. Mandaremos  foto da obra e autoría co título da nosa creación artística  


Saúdos agarimosos.