ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
Amosando publicacións coa etiqueta LEMOS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LEMOS b>. Amosar todas as publicacións
19 maio 2020
AS PITAS BAIXO A CHUVIA CON MARIONETAS
Ola a todas e a todos!! A nosa compañeira Inés de 1º B preprarou a lectura do conto con monicreques, quedou xenial e queremos compartirlo con vós.
11 maio 2020
ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Bos días nenos e nenas de 1º! Esta semana celebraremos o Día das Letras Galegas. Como vedes, tedes que premer cada día no enlace correspondente e atoparedes un montón de propostas de actividades diferentes elaboradas polos equipos de Biblioteca, ENL , Orientación e TICs.
Ao rematar a semana, gustaríanos que grabaseis un audio lendo o conto de "As pitas baixo a choiva". Pode ser todo o conto, só unha parte...e así escoitamos o ben que xa sabedes ler.
Ao rematar a semana, gustaríanos que grabaseis un audio lendo o conto de "As pitas baixo a choiva". Pode ser todo o conto, só unha parte...e así escoitamos o ben que xa sabedes ler.
20 abril 2020
CONTOS PARA REFLEXIONAR
Bos días a todos e a todas! Aquí temos un conto no que atopanos unhas preguntas que nos fan reflexionar sobre o que nel acontece, indagar sobre o que ocorrerá, especular e reflexionar. Podemos leelo en familia e facer as preguntas en voz alta, falando e compartindo ca familia, e ver quen de nós ten razón á hora de saber que pasará.
E lembrade botar unha ollada nos blogs de inglés e música!!!!
16 abril 2020
E ti que farías por min?
Lembrades o noso conto de lectura? Seguro que o tedes lido moitas veces nestes días... Na clase xa estivemos traballando varias cousas sobre el, que vos parece se continuamos disfrutando dos nosos amigos Malta e Marqués? Podemos empezar con Malta, facendo unha pequena descripción dela. Mirade ben as ilustracións e escribide unhas cantas liñas (en galego).

14 abril 2020
VOLTA DAS VACACIÓNS!!
Ola a todas e a todos! Como pasástedes as vacacións? Inda que tivemos que quedar na casa de seguro que fixéstedes algo moi divertido estes días.
Neste mes de abril celébrase O DÍA DO LIBRO, e queremos propoñervos unha actividade titulada "FAMILIAS LECTORAS". Como quedamos na casa a lectura é unha das actividades que máis nos axudan a manternos ben, a facilitar os momentos de lecer, a compartir coa familia...
Podemos remitir unha foto deses momentos lectores en familia (cada persoa da casa le no seu, unha persoa le para todas e todos, nenas e nenos len para maiores, maiores len para as pequenas e os pequenos... Hai múltiples posibilidades). Cadaquén co que máis lle guste ler (libro, cómic, receitas, xornal...) e onde máis lle apeteza facer lectura (sofá, alfombra, cadeira...) servirá de suxestións lectoras para o resto de persoas da comunidade escolar.
Para iso, se nos apetece colaborar:
1º Poñeremos un título á nosa foto e colocaremos os datos da lectura que estamos a facer.
2º Remitiremos (se nos é posible antes do día 22 de abril) título, foto e datos da lectura polas canles de comunicación que xa vos facilitaron as titoras.

28 xaneiro 2020
ACTIVIDADES DO PROXECTO ANIMAIS
Este proxecto empeza a coller forma! O alumnado xa investigou a diferencia entre vertebrados e invertebrados, os grupos de animais...O profe Tomás preparounos un xogo de "Quen é quen" de animais chulísimo!!!!!
E, para un primer acercamento ao significado de biodiversidade, ecosistema, hábitat... escollimos unha noticia de triste actualidade: os incendios de Australia e as consecuencias para a flora e fauna de alí.

20 outubro 2019
LOLA CON ALAS
E tras ler LOLA CON ALAS, nós tamén decidimos pór cor ao noso día nunha xuntanza artística dos nenos e nenas de primeiro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)