19 xuño 2024

DOACIÓN DE LIBROS Á ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DA PARDA

 No día de hoxe fixemos unha doación de libros dende o CEIP VILAVERDE á GALIÑA AZUL DA PARDA.

Foi un momento único e máxico onde o alumando puido ver de novo ás mestras que estiveron con eles de pequenos, gozar das marabillosas instalacións e compartir tempo e lecturas con nenos moi pequenos, inculcando o gusto e pracer da lectura.

Esperamos podamos volver repetir esta actividade pronto, moi pronto!!!







RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Chega o memonto de rematar e deixamos aquí algunhas ideas para traballar no verán.

Se ben o primeiro será desfrutar do tempo de lecer e o sol en familia tamén é importante traballar aspectos de casa o curso que segue.

Sería interesante facelo de forma dinámica, lúdica, a través de vivenvia de experiencias en familia, pero tamén vos deixamos outros materiais que vos poderán server de axuda.






VISITA ÁS ILLAS ONS


 O alumnado de 5º de primaria tivo a sorte de que o tempo acompañara este fin de curso e poidemos facer a saída ás Ons. 

Podedes ver as fotos dos alumnos no edixgal, na materia de Ciencias Socias.

Aquí deixamos as maravillosas vistas das que poidemos desfrutar.









14 xuño 2024

DERRADEIRO PROXECTO: UNIVERSO

 Rematamos trimestre cos traballos manipulativos relacionados co Universo e o Sistema Solar. 

Traballamos as capas da Terra e xeografía ca bola de poliespán, Non so consiste niso, se non que este tipo de actividades permiten traballar orientación, organización espacial e funcións executivas de planificación e organización. 

As maquetas e traballos do Sistema Solar, favorecen a investigación individual, recoñecer a infomación máis relevante, planificar o desenvolvemento do traballo a partir dunha idea inicial. E como podemos observar hai multitude de actividades diversas que se poden presentar.

UN GRAN TRABALLO!!!!


Video SISTEMA SOLAR