22 xuño 2022

COMEZA O VERÁN

Últimas horas en TERCEIRO:

- Cantamos, bailamos,  merendamos, houbo sesión cine...
- Apertas, felicitacións e despedidas.
- O verán xa chegou...haberá diversión, lectura, diarios de verán, sol, praia, deporte e voltaremos, pero xa estaremos en CUARTO.
Ata sempre profe Puri!!! 😍😍😍
   

 FELICES  VACACIÓNS!!!
VÉMONOS   EN  SETEMBRO!


17 xuño 2022

ACOLLIDA EN 3º

As nenas e os nenos de 2º visitaron as clases de 3º como parte do PLAN DE ACOLLIDA. Tócanos ser anfitrioas e anfitrións, amosámoslles as aulas que ocuparán o próximo curso.

Ensinámoslles os nosos materiais: as libretas, os arquivadores, os  traballos, o globo terráqueo, os mapas, os nosos libros preferidos...os traballos de Plástica... 
Intentamos respostar as súas curiosidades. 
 
Tamén falamos das axendas de 3º e as diferenzas coas de 2º, sen esquecer que temos unha axenda de aula para anotar os avisos importantes a recordar.
 
Contáronnos a saída que fixeron a Apípolis hai uns días. Que ben explicado!!!👏👏👏
 
Compartimos unha sesión moi desexada despois dos meses que levamos sen poder xuntarnos pola pandemia.

Intercambiamos uns agasallos personalizados que nos fixeron moita ilusión.

Esperamos que lles gustará a visita e desexámoslles o mellor para o próximo curso.

16 xuño 2022

VISITAMOS O HORTO ESCOLAR

Visitamos ao horto escolar xestionado polo alumnado de 6º e coordinado pola profe Maite Vázquez.

Dúas compañeiras e un compañeiro de 6º foron ensinando, pasiño a paso, todos os recunchos do horto. Comentaron como están distribuídas as bancadas, os etiquetados, os tipos de plantas e as súas características.

Falamos do composteiro no que colaboramos cos restos orgánicos durante todo o curso. Escoitamos con atención información sobre plantas ornamentais, aromáticas, tubérculos, hortalizas...

Foi unha visita moi enriquecedora e con sorpresa final 😉. Rematamos "levantando patacas" e levamos a mostra ás nosas casas.

Parabéns para todo o alumnado que traballou nesta experiencia, especialmente para o trío que nos atendeu. Encantounos!!! 👋👋👋


15 xuño 2022

RECOLLIDA E BALANCE DE CURSO

Estes últimos días do curso recollemos e organizamos os  materias empregados durante o curso escolar 2021/2022.

Tamén  rematamos tarefas e ordenamos as actividades. Moitos traballos van xa para as nosas casas...outros seguirán no cole porque serán de utilidade no próximo curso.

Aproveitamos para facer balance, comentamos e avaliamos proxectos, ilusións, amizades, cumprimento de normas, logros...

 

02 xuño 2022

EXPOSICIÓNS ORAIS NAS AULAS DE 3º

O día 18 de maio iniciamos un ciclo de exposicións con temas de Ciencias Sociais ou Ciencias da Natureza en lingua galega.

As exposicións foron individuais cunha duración máxima de dez minutos e podían acompañarse con fotos, esquemas, diapositivas, maquetas, presentacións PPT,  cartolinas-murais, libros ou contos...

A orde de participación realizouse por sorteo nas nosas aulas.

A listaxe dos temas foi moi variada, escoitamos con moita atención e aprendimos a ser un público entusiasta e respectuoso coas aportacións dos demais.

Compartimos as  imaxes das nosas exposicións:

24 febreiro 2022

19 febreiro 2022

VÉN O ENTROIDO CARGADO DE ARTE

 ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO E IMOS ESTAR MOI PENDENTES DE VILAVERDIÑO.

VAI TRAER MANDADIÑOS PARA QUE FAGAMOS AO LONGO DA SEMANA...



14 febreiro 2022

23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO

 ROSALÍA DE CASTRO É UNHA DAS NOSAS ARTISTAS MÁIS RELEVANTES.

A SÚA ARTE ESTÁ RELACIONADA COA ESCRITURA, NÓS IMOS UNIR ALGÚN DOS SEUS POEMAS CON OUTRO TIPO DE ARTE. 

ELIXIMOS O POEMA

"EU CANTAR, CANTAR, CANTEI"

Eu cantar, cantar, cantei,

a graza non era moita, 

que nunca (diso me pesa)

fun eu meniña graciosa. 

Cantei como mal sabía

dándolle reviravoltas

cal fan aqueles que non saben

dereitamente unha cousa.

09 febreiro 2022

NENA E MULLER NA CIENCIA

 AO REDOR DO 11 DE FEBREIRO ESTAMOS NO COLEXIO A TRABALLAR SOBRE A CIENCIA, SOBRE AS CIENTÍFICAS RELAVANTES E...

ESTAMOS A FACER EXPERIMENTOS CON ARTE!

experimentar 432158 Vector en Vecteezy

19 xaneiro 2022

REGRESAMOS CON MOITAS GANAS

 NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA PAZ.

TODO O TRIMESTRE VAI TER COMO TEMA XERAL "A ARTE".

ASÍ QUE IMOS TRABALLAR A PAZ CUN CADRO E UN LEMA.

COLABORAREMOS CO RESTO DO COLE PARA COMLETAR UN CADRO:

Romero Britto Pintura Niños Mundo Felpudo 40x60 cm Alfombra del Dormitorio  antideslizante Cocina Pad Alfombra Alfombras decoración Alfombra Del  Piso|floor mat|kitchen carpetdecorative mats - AliExpress

21 decembro 2021

FELIZ 2022!

 DESPOIS DUN TRIMESTRE MOI EMOCIONANTE IMOS DE VACACIÓN!

BO 2022 PARA TODAS E TODOS!

30 novembro 2021

CHARLA SOBRE "SAÚDE, ALIMENTACIÓN E ACTIVIDADE FÍSICA"

Asistimos a un obradoiro sobre saúde, deporte e alimentación. A actividade foi presentada polo concelleiro de Educación e Deporte, Tino Fernández, e a súa organización estivo a cargo da Sociedade Deportiva Teucro.

Preme parar ver máis imaxes

As explicacións e recomedacións foron impartidas pola nutricionista Inés Martínez e polo xogador do Teucro Cahue Herrera. Falamos e debatimos sobre a pirámide de alimentos, o plato "ideal", as merendas saudables...

Ao remate da charla agasalláronnos cunha bolsiña de tea que contiña produtos  recomendables para unha vida saudable. 

Seguiremos investigando e traballando sobre nutrintes e clasificación de alimentos.

 

A noticia tamén apareceu nos xornais:

pontevedraviva.com

Faro de Vigo

25 novembro 2021

25 DE NOVEMBRO CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

REFLEXIONAMOS NA CLASE SOBRE O MALTRATO DE XÉNERO E COMO HAI QUE ERRADICALO.

PARTIMOS DUN CONTO E AMOSAMOS O NOSO REXEITAMENTO CONTRA CALQUERA TIPO DE MALTRATO.