29 marzo 2023

PERCORRENDO A SENDA DO RÍO ALMOFREI - 4ºA

Hoxe o grupo de 4ºA gozamos dunha saída moi enriquecedora e divertida. Realizamos unha visita pola aldea do Salgueiral e percorrimos unha pequena parte do espazo natural e fluvial do río Almofrei guiados por Alicia, Ana e Coqui que nos foron dando explicacións sobre a flora e fauna da zona.

Coñecimos unha parte da riqueza patrimonial do noso rural, neste caso un muíño de auga.

A reportaxe gráfica é unha proba do lugares visitados e do ben que o pasamos: 


23 marzo 2023

PRESENTACIÓN NO PAZO DA DEPUTACIÓN

 

O mércores 22 de marzo fomos convidadas e convidados a unha presentación moi especial no Pazo da Deputación:

Un video-xogo coas biografías de 40 mulleres precursoras do desenvolvemento sustentable. 
Sentímonos moi maiores, compartimos sala de plenos con autoridades como a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ou  a profesora e científica Mari A. Lires, coordinadora deste traballo. Había tamén rapazas e rapaces do Instituto Valle Inclán. 
Escoitamos os discursos e a encargada de arte e deseño do proxecto, Isi Cano, presentou o video-xogo que estrenamos coa colaboración de catro alumnas e alumnos do público.



 
 

22 marzo 2023

ALAMEDA DE PONTEVEDRA E CONTORNA

Esta mañá, antes de asistir a unha presentación no Pazo da Deputación, realizamos un pequeno e interesante percorrido pola zona da Alameda e os seus arredores.

Visitamos a zona de edificios, esculturas e alameda que se sitúan no que eran os antigos terreos da horta do convento de Santo Domingo. Observamos os gravados de Carlos Sobrino, o monumento aos Heroes de Pontesampaio, as ruinas de Santo Domingo, a zona das antigas murallas,  árbores curiosas...


21 marzo 2023

EXPOSICIÓNS ORAIS - MARZO 2023

Compartimos as montaxes co resumo das presentacións realizadas nas  nosas aulas nas pasadas semanas.

Parabéns polo voso traballo!

16 marzo 2023

OBRADOIRO SOBRE ENERXÍA

Hoxe participamos nun obradoiro itinerante presentado por Manuel coa colaboración da Fundación Naturgy e o programa Efigy. 

Falamos de enerxía, tipos de enerxía, fontes renovables e non renovables, electricidade, xeradores, eficiencia enerxética...sostenibilidade e medio ambiente.

.Uso eficiente e racional da electricidade cunha observación práctica.
.Toma de conciencia sobre o valor da enerxía para unha mellor calidade de vida con experimentos.
.Empregamos un Kahoot, cuestionario interactivo, para resolver por equipos.

Resultou unha actividade interesante e moi amena, podedes ver as imaxes do álbum clicando sobre as seguintes imaxes:


 

09 marzo 2023

8 M - POLA IGUALDADE

Nas nosas aulas traballamos arredor da celebración do 8M con diferentes textos (contos, biografías, noticias...), imaxes e videos.

Comezamos cun pequeno "experimento". Por sorteo 8 nenas e 8 nenos das dúas aulas de 4º debían realizar unha pequena tarefa proposta sen límite de tempo pola que percibirían un doce agasallo... A proposta foi gravada e presentada ás compañeiras e aos compañeiros. 

A partir do video, o debate estaba servido...falamos de tempos, competitividade, colaboración, desigualdade e brecha salarial. Comparamos o noso video con outras propostas da rede e tratamos de buscar paralelismos.

O máis importante reflexionar como acadar a igualdade e construír a unha sociedade máis xusta...comezando polo que temos máis cerca, as nosas familias e o noso cole.

03 marzo 2023

EXPOSICIÓNS ORAIS

     
O luns 6 de marzo comeza a segunda ronda de exposicións orais nas aulas de 4º.  A montaxe estará na aula virtual e iranse incorporando as imaxes a medida que se fan as presentacións.

02 marzo 2023

XADREZ CON RAFAEL NÚÑEZ

Hoxe recibimos con moita curiosidade e interese a visita de RAFAEL NÚÑEZ, autor dos cómics LOS REINOS DEL AJEDREZ.

Achegounos ao mundo do xadrez e comentounos datos, curiosidades e anécdotas sobre este xogo-deporte. Revisamos o papel de cada peza coas imaxes do cómic. Falamos da importancia e os valores que fomenta: constancia, paciencia, tolerancia, creatividade... Co xadrez sempre "gañamos ou aprendemos"

Agradecemos a súa charla e temos ilusión por seguir xogando e  aprendendo. 

01 marzo 2023

CHARLA SOBRE DOMA NATURAL

Comezamos o mes de marzo cunha  charla moi interesante sobre a DOMA NATURAL a cargo de Aldara Urones da Asociación Cultural Ecuestre "A GRANXA DE FINA".

Aldara contounos con ilusión a súa participacion nun proxecto para fomentar o benestar animal que está en marcha en Agrovello na parroquia de Lourizán (a 5 Km do noso cole). Na doma natural, establécese unha relación entre cabalos e humanos sen violencia.

Amosamos moito interese e recollimos moitas curiosidades e  informacións sobre o mundo equino.


ADICADO A ROSALÍA

Recitado continuado dos seus poemas:

Plantación da flor pensamento no patio:

28 febreiro 2023

TEATRO NAUTILUS

Hoxe realizamos a  primera saída escolar deste curso fóra do recinto escolar. Estabamos moi ilusionadas e ilusionados.
 
Foi unha grande estrea porque asistimos na Sede Afundación á representación NAUTILUS, versión actual e comprometida da clásica novela de aventuras de Jules Verne, na que o capitán Nemo  e o profesor Aronax captan toda a nosa atención.

O espectáculo foi presentado pola Compañía valenciana "La Negra"  e destacamos a súa orixinal montaxe cunha iluminación e son moi especiais.


20 decembro 2022

PROGRAMA AQUALOXÍA DE VIAQUA

Hoxe a "científica" Natalia presentounos o programa educativo de Viaqua con materiais dixitais e interactivos sobre contidos relacionados cos usos da auga, como chega a auga ás nosas casas, os tratamentos que recibe para que sexa potable ou para devolvela ao medio natural.

Vimos un curto explicativo, debatimos sobre os ciclos natural e urbano da auga, a importancia da auga, o cambio climático... Todo o alumnado participou en actividades interactivas.

12 decembro 2022

EXPOSICIÓNS ORAIS - NOVEMBRO 2022

Compartimos a montaxe co resumo das presentacións realizadas nas  nosas aulas nas pasadas semanas.

Tema libre en lingua castelá ou galega.

Parabéns polo voso traballo!

25 novembro 2022

25 N - CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

Esta semana reflexionamos sobre que é a violencia de xénero e algunhas das súas manifestacións.

Comezamos traballando cos seguintes contos:

 
Nas aulas de 3º, 4º, 5º e 6º recollimos verbas para montar un PASAPALABRAS moi especial.

Na aula de Música traballamos a canción La puerta violeta de Rozalén.

Hoxe, 25 de novembro, todo o centro realizou nunha actividade conxunta no patio.

23 novembro 2022

OBRADOIRO SOBRE PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS

Hoxe asistimos con moito interese a un obradoiro formativo para previr a aparición de dor nas costas.

Estivo impartido pola fisioterapeuta Eva Mª Corral Solla do Centro de Saúde da Parda en colaboración co Servizo de Educación do noso concello.

Falamos da columna vertebral, das normas de hixiene postural, da alimentación saudable, das horas de descanso, do papel fundamental que ten a actividade física regular na prevención desta dor evitando o sedentarismo…

Trataremos de levar á práctica os consellos recibidos, especialmente os referidos a postura na cadeira, a revisión de mochilas e o axuste axeitado das mesmas.

17 outubro 2022

ANTÍO CHEGOU AO CENTRO

 COMA TODOS OS CURSOS, ANTÍO XA CHEGOU AO COLEXIO PARA DAR COMEZO AO MAGOSTO.

IMOS INVESTIGAR, LER, DEBATER,... SOBRE O MAGOSTO. ESTE CURSO TRABALLAREMOS O MAGOSTO RELACIONADO COS XOGOS TRADICIONAIS.

LAMPI, DENDE A BIBLIOTECA, ACHÉGANOS LIBROS. XA ESTÁN EXPOSTOS PARA QUE POIDAMOS ESCOLLELOS.




 

03 outubro 2022

UN CURSO CON MOITAS NOVIDADES

 COMEZAMOS CON TANTA ACTIVIDADE QUE NON TIVEMOS TEMPO DE RECOLLER AQUÍ TODO O QUE FIXEMOS.

DIRÉMOSVOS QUE ESTAMOS A TRABALLAR CUN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO. QUEREDES AXUDARNOS COA INFORMACIÓN?

Hígado y riñones, los órganos que nos mantienen depurados ...


07 setembro 2022