ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
30 marzo 2023
TALLER VIVIR EN SAÚDE
29 marzo 2023
PERCORRENDO A SENDA DO RÍO ALMOFREI - 4ºA
Hoxe o grupo de 4ºA gozamos dunha saída moi enriquecedora e divertida. Realizamos unha visita pola aldea do Salgueiral e percorrimos unha pequena parte do espazo natural e fluvial do río Almofrei guiados por Alicia, Ana e Coqui que nos foron dando explicacións sobre a flora e fauna da zona.
Coñecimos unha parte da riqueza patrimonial do noso rural, neste caso un muíño de auga.
A reportaxe gráfica é unha proba do lugares visitados e do ben que o pasamos:
23 marzo 2023
PRESENTACIÓN NO PAZO DA DEPUTACIÓN
O mércores 22 de marzo fomos convidadas e convidados a unha presentación moi especial no Pazo da Deputación:
22 marzo 2023
ALAMEDA DE PONTEVEDRA E CONTORNA
Visitamos a zona de edificios, esculturas e alameda que se sitúan no que eran os antigos terreos da horta do convento de Santo Domingo. Observamos os gravados de Carlos Sobrino, o monumento aos Heroes de Pontesampaio, as ruinas de Santo Domingo, a zona das antigas murallas, árbores curiosas...
21 marzo 2023
EXPOSICIÓNS ORAIS - MARZO 2023
Compartimos as montaxes co resumo das presentacións realizadas nas nosas aulas nas pasadas semanas.
Parabéns polo voso traballo!
16 marzo 2023
OBRADOIRO SOBRE ENERXÍA
Hoxe participamos nun obradoiro itinerante presentado por Manuel coa colaboración da Fundación Naturgy e o programa Efigy.
Falamos de enerxía, tipos de enerxía, fontes renovables e non renovables, electricidade, xeradores, eficiencia enerxética...sostenibilidade e medio ambiente.
09 marzo 2023
8 M - POLA IGUALDADE
Comezamos cun pequeno "experimento". Por sorteo 8 nenas e 8 nenos das dúas aulas de 4º debían realizar unha pequena tarefa proposta sen límite de tempo pola que percibirían un doce agasallo... A proposta foi gravada e presentada ás compañeiras e aos compañeiros.
A partir do video, o debate estaba servido...falamos de tempos, competitividade, colaboración, desigualdade e brecha salarial. Comparamos o noso video con outras propostas da rede e tratamos de buscar paralelismos.
03 marzo 2023
EXPOSICIÓNS ORAIS
02 marzo 2023
XADREZ CON RAFAEL NÚÑEZ
Achegounos
ao mundo do xadrez e comentounos datos, curiosidades e anécdotas sobre
este xogo-deporte. Revisamos o papel de cada peza coas imaxes do cómic.
Falamos da importancia e os valores que fomenta: constancia, paciencia,
tolerancia, creatividade... Co xadrez sempre "gañamos ou aprendemos"
01 marzo 2023
CHARLA SOBRE DOMA NATURAL
Aldara contounos con ilusión a súa participacion nun proxecto para fomentar o benestar animal que está en marcha en Agrovello na parroquia de Lourizán (a 5 Km do noso cole). Na doma natural, establécese unha relación entre cabalos e humanos sen violencia.
Amosamos moito interese e recollimos moitas curiosidades e informacións sobre o mundo equino.
28 febreiro 2023
TEATRO NAUTILUS
Foi unha grande estrea porque asistimos na Sede Afundación á representación NAUTILUS, versión actual e comprometida da clásica novela de aventuras de Jules Verne, na que o capitán Nemo e o profesor Aronax captan toda a nosa atención.
O espectáculo foi presentado pola Compañía valenciana "La Negra" e destacamos a súa orixinal montaxe cunha iluminación e son moi especiais.
20 decembro 2022
PROGRAMA AQUALOXÍA DE VIAQUA
Vimos un curto explicativo, debatimos sobre os ciclos natural e urbano da auga, a importancia da auga, o cambio climático... Todo o alumnado participou en actividades interactivas.
12 decembro 2022
EXPOSICIÓNS ORAIS - NOVEMBRO 2022
Tema libre en lingua castelá ou galega.
Parabéns polo voso traballo!
25 novembro 2022
25 N - CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO
Esta semana reflexionamos sobre que é a violencia de xénero e algunhas das súas manifestacións.
Comezamos traballando cos seguintes contos:
Na aula de Música traballamos a canción La puerta violeta de Rozalén.
Hoxe, 25 de novembro, todo o centro realizou nunha actividade conxunta no patio.
23 novembro 2022
OBRADOIRO SOBRE PREVENCIÓN DA DOR DE COSTAS
Hoxe asistimos con moito interese a un obradoiro formativo para previr a aparición de dor nas costas.
Estivo impartido pola fisioterapeuta Eva Mª Corral Solla do Centro de Saúde da Parda en colaboración co Servizo de Educación do noso concello.
Falamos da columna vertebral, das normas de hixiene postural, da alimentación saudable, das horas de descanso, do papel fundamental que ten a actividade física regular na prevención desta dor evitando o sedentarismo…
Trataremos de levar á práctica os consellos recibidos, especialmente os referidos a postura na cadeira, a revisión de mochilas e o axuste axeitado das mesmas.
















































