Aprender a multiplicar pode ser moi divertido!!! Manipular e xogar é a mellor forma de aprender!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
30 abril 2021
28 abril 2021
OBRADOIRO DO SALÓN DO LIBRO
Esta semana tivemos un día diferente co OBRADOIRO sobre a reciclaxe e o coidado do Medio Ambiente nas clases de segundo.
Este é un tema moi traballado durante este curso, tiñamos moita información e moito que aportar!!!
Lingua de signos, música, contenedores e reciclaxe, descubrir segundos usos para ter sempre presente: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!
23 abril 2021
DÍA DO LIBRO 2021
23 de abril, Día do Libro. Nas aulas de 2º celebramos este día con varias actividades ao longo da semana que xusto rematamos hoxe: un recitado dun poema en galego que previamente tiñamos memorizado e varios traballos sobre a gran obra da lingua castelá "Don Quijote de la Mancha". Velaquí algúns dos produtos que fixemos : un mini libriño do Quixote para colorear, montar e ler , e un monicreque do Quixote.
REMATAMOS PROXECTO "O UNIVERSO"
Hoxe queremos ensiñarvos un estupendo chaveiro de planetas que os nenos e nenas de 2º elaboraron despois de moitos días de investigación. Neste proxecto traballamos sobre todo o Sistema Solar, visionando vídeos da nave Perseverance na superficie de Marte, calculando o noso peso dependendo da gravidade de cada planeta, utilizando moito vocabulario científico como órbita, rotación, planeta gaseoso...
E se algún dos nosos alumnos e alumnas é o primer humano en ir a Marte?????
16 abril 2021
FACEMOS UN "TELESCOPIO"
Xa estamos remantando o noso proxecto do Universo. Hoxe fixemos unha manualidade cun cilindro de cartón, film transparente e moita imaxinación! Quedaron uns telescopios chulísimos que levamos para casa para poder mirar as nosas estrelas ou planetas cunha lanterna.
07 abril 2021
PROXECTO: O SISTEMA SOLAR
Comenzamos novo trimestre e con el un novo proxecto, e xa temos a Praza Josefina Castellví preparada!!!!
26 marzo 2021
REMATAMOS O TRIMESTRE
No día de hoxe fixemos unhas actividades moi atractivas e divertidas para despedir o segundo trimestre.
Fixemos bolboretas de papel coa técnica do origami, investigamos cun cubo en 3D (o Mergecube) coa axuda da profe Rebeca e tivemos unha doce sorpresa na merenda....
Pasade unhas boas vacacións!!!
18 marzo 2021
INAGURAMOS RÚA E PRAZA
Por fin chegou o día!! Despois de moito traballar e investigar sobre Josefina Castellví e Wangari Maathari chegou o momento de nomear o noso corredor e recanto de 2º cos seus nomes. A inaguración cos novos nomes tivo lugar coa participación de todo o alumnado: tivemos música, discursos dos "alcaldes e alcaldesas"e o "conselleiro e conselleira", cortamos a cinta para oficializar el acto, pusémonos as nosas mellores galas... Mirade, mirade...
09 marzo 2021
REMATAMOS O EXPERIMENTO DA AUGA E PLANTAS
Como podedes ver nestas fotos, o noso experimento foi un éxito, pois comprobamos que as plantas son fundamentais para manter a auga limpa na natureza. Confirmamos que cantas máis plantas e compost haxa na superficie, máis transparente é a auga que se filtra.
XEOMETRIA MANIPULATIVA
Estes días estivemos iniciándonos na xeometría, unha ciencia moi importante e con moito vocabulario matemático para aprender: liñas rectas e curvas, vértices, prismas, conos, pirámides...
Claro, que si ademáis recortamos, pegamos, plegamos, medimos, xogamos...a ciencia pode ser moi divertida!!!!