ORGANÍZANSE ESPAZOS PARA COLGAR A INFORMACIÓN, ASÍ COMO MESAS PARA PODER OBSERVAR E EXPERIMENTAR. OS NENOS E NENAS ESTÁN MOI EMOCIONADOS E PASAN MOITOS INTRES: OBSERVANDO, TOCANDO, MANIPULANDO, EXPERIMENTANDO COAS COUSAS QUE TRAEN DA CASA E COS VERMES E BOLBORETAS, TAMÉN LLES ENCANTA IR AO RECUNCHO DE LETRAS E BUSCAR NOS LIBROS QUE TROUXEMOS DA BIBLIOTECA DE LAMPI , DEBUXOS ONDE SAEN: DIFERENTES INSECTOS, AVES, RÉPTILES, RAS… EN MOITOS OBSÉRVASE A METAMORFOSE DALGÚNS ANIMAIS.
AOS POUCOS IMOS INVESTIGANDO SOBRE:
• REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS: CLASIFICACIÓN EN OVÍPAROS E VIVÍPAROS
• OS INSECTOS. TIPOS DE INSECTOS, CARACTERÍSTICAS, ALIMENTACIÓN, METAMORFOSE, UTILIDADE DAS PARTES (ANTENAS, PATAS, ÁS…)
• BOLBORETAS: CICLO VITAL DO VERME DE SEDA.
• AVES: CARACTERÍSTICAS, TIPOS, ALIMENTACIÓN
• ANIMAIS INVERTEBRADOS E VERTEBRADOS.
• ANFIBIOS: METAMORFOSE DA RA
• REPRODUCCIÓN DOS PEIXES E DOS RÉPTILES
• ÁRBORE DE LA MORERA: AS FOLLAS, O FROITO..
• FÍO DE SEDA, QUEN O FABRICA, ORIXE (CHINA, ASÍA), A SÚA UTILIDADE, SUAVIDADE?
• UTILIDADE DAS “CACAS” DE ANIMAIS, ABONO NATURAL..
. ETC..
Encantounos
falar dos ovos, trouxemos diferentes
ovos a clase: pequenos, grandes, medianos, de diferentes cores. De diferentes
animais: falcón, oca, galiña, paspallás, LAGARTO… cocidos, só coa casca, recheos de siliconONA… falamos moito e
investigamos. Un día a profe díxonos se queriamos facer un experimento cun ovo
de galiña. Ao choio: metemos o ovo en vinagre dentro dun tarro, cheiramos o
vinagre. Fixemos hipóteseS do que pasaría: algúns diciamos que se poñería
doutra cor, que lle sairían lunares, que rompería. Deixamos pasar dous días e cada día
observabamos o que pasaba e apuntabámolo nun papel. Ao final comprobamos as
nosas hipóteses. O ovo aumento de tamaño, cambio de cor case transparente, xa non flota no vinagre, non ten casca e o
mellor de todo parece unha “pelota saltarina” e puxémonos a xogar con el. Por que lle pasa isto ao ovo?. entre todos chegamos á conclusión de que o
vinagre comeuLLE a casca. A profe explícanos que isto produceSE por unha reacción química.
Fomos ao laboratorio e miramos a través de: o microscopio, a lupa binocular e as lupas
xigantes. Vimos: ovos de bolboreta de tres tipo, baleiros, recentemente postos
(cor amarela) e de dúas semanas (cor marrón); o á dunha bolboreta, unha folla
de morera, unha caca de verme, un
capullo, unha crisálida, vermes que acababan
de nacer. Todo era moito máis grande e diferente de como o vemos
normalmente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario