22 setembro 2017

VISITA Á FÁBRICA DE CLESA

HOXE FOMOS EN AUTOBÚS VISITAR A FÁBRICA DE CLESA DE CALDAS. MILOSTA E SAPIO CONVIDÁRONOS A VISITALA. CANDO CHEGAMOS O PRIMEIRO QUE MIRAMOS FORON OS  5 SILOS ONDE SE ALMACENA O LEITE QUE CHEGA DAS GRANXAS NOS CAMIÓNS CISTERNA E TAMÉN 1 SILO PARA O AZUCRE.
DESPOIS UN ESCRITOR CONTOUNOS O CONTO DA VACA CHENOA QUE ANDABA NAMORADA E UN ILUSTRADOR ENSINOUNOS A DEBUXAR A VACA CHENOA.
LOGO MIRAMOS AS MÁQUINAS QUE ETIQUETAN OS IOGURES E REMATAMOS DEGUSTANDO UN SABOROSO IOGUR. COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DÉRONNOS UNHA BOLSA CON AGASALLOS: UN LIBRO E IOGURES. ¡ FOI MOI DIVERTIDA!
SAÍDA A FÁBRICA DE CLESA

Ningún comentario:

Publicar un comentario