ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
24 maio 2018
ASÍ SON EU POR DENTRO
ESTA ACTIVIDADE TIÑA COMO OBXECTIVO QUE O ALUMNADO ADQUIRISE E EMPREGASE VOCABULARIO RELACIONADO COAS CALIDADES POSITIVAS REFERIDAS ÁS PERSOAS. DESTA MANEIRA TAMÉN TRABALLAMOS O AUTOCOÑECEMENTO E DÁMONOS A COÑECER AOS DEMAIS , COMO ESTRATEXIA DE COHESIÓN DE GRUPO. PARA FACELA CONTAMOS COA PREVIA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS QUE AXUDARON A CADA NENA E NENO A IDENTIFICAR ALGUNHAS DAS SÚAS CALIDADES POSITIVAS. A CONTINUACIÓN FIXEMOS UNHAS CORTINAS PARA A AULA CON TODO O VOCABULARIO QUE FOMOS INCORPOANDO RELACIONADO COA NOSA MANEIRA DE SER. FINALMENTE CADA NENA E NENO ESCOLLEU CATRO DESAS CALIDADES COAS QUE SE IDENTIFICA PARA FACER ESTA ACTIVIDADE. BOTÁDELLE UN OLLO!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario