ELIXIMOS O PROXECTO QUE IMOS TRABALLAR ESTE TRIMESTRE.
AS PROFES PREGUNTÁRONNOS QUE NOS GUSTARÍA INVESTIGAR, EN CADA CLASE DIXEMOS VARIOS TEMAS, ALGÚNS FORON:
- EN 5 ANOS A: GOLFIÑOS, ORCAS, QUENLLAS, DINOSAUROS, CACHORROS, SEREAS, A TERRA E OS LEÓNS.
- EN 5 ANOS B: DINOSAUROS, ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN, ÁRBORES, RINOCERONTES, A MODA, OS LOBOS, PIRATAS E O ESPAZO.
CADA UN DE NÓS FOMOS DANDO A NOSA XUSTIFICACIÓN DE PORQUE QUERIAMOS UN TEMA OU OUTRO, DESPOIS TIÑAMOS QUE TENTAR CONVENCER AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS PARA QUE VOTASEN O NOSO TEMA. DESTES CADA GRUPO ESCOLLEU O MÁIS VOTADO, 5 ANOS A. GUSTÁBALLE MOITO OS DINOSAUROS, PERO A 5 ANOS B. O QUE MÁIS LLE INTERESABA É INVESTIGAR SOBRE O ESPAZO. COMO TEMOS QUE TRABALLAR O MESMO TEMA AS DÚAS CLASES, A MELLOR SOLUCIÓN É VOTAR ENTRE OS DOUS GRUPOS A VER CAL É O TEMA QUE SAE MÁIS VOTADO.
XUNTÁMONOS AS DÚAS CLASES, CADA UNHA TEN QUE DARLLE RAZÓNS Á OUTRA PARA CONVENCER QUE O SEU TEMA É O MÁIS INTERESANTE. NA VOTACIÓN, TEMOS: UNHA URNA, UNHA PRESIDENTA E DOUS VOCAIS. NUN PAPEL ESCRIBIMOS DE FORMA SECRETA O TEMA ELIXIDO, DESPOIS OS VOCAIS E A PRESIDENTA ÍAN CHAMANDO A VOTAR E DICÍAN: "VOTOU". AO FINAL CONTAMOS OS VOTOS. O TEMA ELIXIDO POR MAIORÍA FOI:
"OS DINOSAUROS"
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
BOTÁDELLE UN OLLO ÁS FOTOS:
Ningún comentario:
Publicar un comentario