13 marzo 2019

OBRADOIRO FAMILIAS: VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS

AS MAMÁS DE IRENE, TIAGO, MARIO, CLARA, LUCAS, INÉS E ÁLEX VIÑERON AO COLE PARA REPRESENTAR A TRAVÉS DUN PEQUENO TEATRO DE MONICREQUES O CONTO "VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS", PROPOSTO POLA FUNDACIÓN MENIÑOS.
 ESTE RELATO  XA O TRABALLARAMOS EN SESIÓNS ANTERIORES  NA AULA ASÍ COMA TEMAS DE  CONCIENCIA EMOCIONAL, REGULACIÓN EMOCIONAL, AUTOESTIMA, EMPATÍA, RESOLUCIÓN DE CONFLITOS...
DESPOIS DO TEATRO, AS MAMÁS DESENVOLVERON UNHA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL RELACIONADA CO AUTOCONTROL E A RELAXACIÓN,  AXUDANDO ÁS NENAS E NENOS A FACER CADANSÚA BOTELLA DA CALMA OU MÁXICA. FOI MOI DIVERTIDO BOTAR AS PURPURINAS, ESTRELAS E COLORANTES NAS BOTELLAS!!
REMATAMOS FACENDO UNHA PEQUENA SESIÓN DE RELAXACIÓN CON MÚSICA INSTRUMENTAL PARA VER O FUNCIONAMENTO DAS BOTELLAS. PRIMEIRO AXITAMOS AS BOTELLAS E LOGO LEVAMOS A NOSA ATENCIÓN AO MOVEMENTO DA PURPURINA ATA QUE SE POUSOU NO FONDO.  QUEDAMOS MOI RELAXADOS!! ASÍ QUE BOTÁDELLE UNHA OLLADA AO VÍDEO PARA FACER A VOSA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario