RECABAMOS MOITA INFORMACIÓN SOBRE A "ERA DOS DINOSAURIOS" COA AXUDA DAS FAMILIAS NAS NOSAS CASAS E NOS LIBROS. CON TODA ESTA INFORMACIÓN AO FINAL DO PROXECTO FIXEMOS UNS CADERNOS DE CONSULTA DE DIFERENTES ASPECTOS: PLATENA TERRA, VOLCÁNS, CONTINENTES, TIPOS DE DINOSAURIOS, PALEONTOLOXÍA, MUSEOS DE DINOSAURIOS, IDADE DE XEO....
INFORMACIÓN RECABADA POLAS NENAS E NENOS DE 5 ANOS A:
INFORMACIÓN RECABADA POLAS NENAS E NENOS DE 5 ANOS B:
XOGAMOS NA AULA NOS RECANTOS COS DINOSAURIOS: RECONSTRUIMOS ESQUELETOS CON TUBOS DE CARTÓN, MEDIMOS DINOSAURIOS CON REGLETAS E REGRAS, FIXEMOS PUZZLES E QUEBRACABEZAS, TEATRO, XOGAMOS CO KIT PALEONTOLÓXICO, PISADAS CON PLASTILINA, LEMOS LIBROS , XOGAMOS COAS TABLETS E A REALIDADE AUMENTADA, DEBUXAMOS ...
NENAS E NENOS 5 ANOS A:
NENAS E NENOS DE 5 ANOS B:
CREAMOS MAQUETAS PARA RECREAR A CONTORNA NA QUE VIVÍAN OS DINOSAURIOS CON MOITA VEXETACIÓN, MONTAÑAS, VOLCÁNS, RÍOS, ETC. DESEÑAMOS EN PAPEL OS BOCETOS, CADA UN FIXO A SÚA PROPOSTA, PARA FINALMENTE DECIDIR O DESEÑO FINAL ENTRE TODOS. LOGO CON PAPEL, PINTURA E ALGUNHAS TÉCNICAS PLÁSTICAS FIXEMOS MONTAÑAS, VOLCÁNS, ÁRBORES E PALMEIRAS, O RÍO... CANDO AS REMATAMOS COMEZAMOS A XOGAR CON ELAS, A CREAR HISTORIAS E CONTOS. ASÍ XURDIRON AS PELÍCULAS E OS DOCUMENTAIS.
NENAS E NENOS DE 5 ANOS A:
NENAS E NENOS DE 5 ANOS B:
CONVERTÉMONOS EN PALEONTÓLOGAS E PALEONTÓLOGOS. A PALEONTÓLOGA DO MUJA, LAURA PIÑUELA ESCRIBIUNOS UNHA CARTA E PROPÚXONOS UN TRABALLO DE RECUPERACIÓN DE FÓSILES DE ÓSOS DE DINOSAURIOS NO XACEMENTO VILAVERDE E A SÚA RECONSTRUCIÓN. CO EQUIPO DE PALEONTOLOXÍA BUSCAMOS OS OSOS E REXISTRAMOS O ATOPADO, DURANTE A RECONSTRUCIÓN TIVEMOS QUE FACER AS PEZAS QUE BOTAMOS EN FALTA NOS ESQUELETOS. O TRABALLO FINAL EXPUXÉMOLO EN VITRINAS NO MUSEO CREADO NO CORREDOR.
NENAS E NENOS DE 5 ANOS A:
NENAS E NENOS DE 5 ANOS B:
ACTIVIDADES RELACIONADAS COA ROBÓTICA. XOGAMOS COS ROBOTS: DOC E BLUE BOOT COS PANEIS PARA TRABALLAR OS CONCEPTOS DO PROXECTO. COA REALIDADE AUMENTANDA XOGAMOS CON: LIBROS, CARTAS E CROMOS DOS QUE SAÍAN DINOSAURIOS QUE CAMIÑABAN, MOVÍANSE E ATA PODÍAS FOTOGRAFARTE CON ELES. FIXEMOS UN XOGO DE PISADAS COA REALIDADE AUMENTADA QUE COLOCAMOS NO NOSO MUSEO. TAMÉN NAS PAREDES DO MUSEO PUXEMOS CÓDICOS QR ENLAZADOS A ACTIVIDADES AUDIOVISUAIS QUE FIXEMOS RELACIONADAS CO PROXECTO COMO AS LÁMPADAS DE LAVA, CANTIGAS REPRESENTADAS POR NÓS E AS PELÍCULAS QUE FIXEMOS.
NENAS E NENOS DE 5 ANOS A:
NENAS E NENOS DE 5 ANOS B:
OUTRAS ACTIVIDADES. O GRUPO A E O GRUPO B FIXERON CADANSEU DINOSAURIO PERO AS MOTIVACIÓNS E O DESENVOLVEMENTO DE CADA UNHA FOI DIFERENTE.
NENAS E NENOS DO GRUPO A: NESTE GRUPO CANDO SE VALORARON AS POSIBLES ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE O PROXECTO PROPUXERON FACER UN DINOSAURIO MOI, MOI GRANDE E UN ESQUELETO DE VELOCIRAPTOR. NESES DÍAS APARECEU NA AULA UNHA PEQUENA CRÍA DE BRAQUIOSAURIO O QUE BAUTIZARON COMO "PINCHI", PARA QUE NON ESTIVESE SÓ E SE DIVERTISE COMEZARON A LEVALO POLAS TARDES PARA CASA. PASADOS UNS DÍAS XURDÍU A IDEA DE QUE O DINOSAURIO GRANDE QUE TIÑAMOS PREVISTO FACER SERÍA A MAMÁ DE PINCHI. UNHA GRANDE BRAQUIOSAURIA QUE O PROTEXERÍA E COIDARÍA. ASÍ COMEZOU A NOSA AVENTURA DE FACER UN DOS SAURÓPODOS MÁIS GRANDES DA ERA MESOZOICA . DECIDIMOS FACER A ESTRUCTURA, O SEU ESQUELETO, CON CAIXAS E TUBOS DE CARTÓN. PUXEMOS AS PATAS E O PESCOZO E XURDIU UNHA INQUEDANZA, PODERÍA CAER CARA ADIANTE A ESTRUCTURA?? NESTE PUNTO DECIDIMOS METERLLE PEDRAS PEQUENAS NOS TUBOS DAS PATAS TRASEIRAS PARA EQUILIBRAR O PESO. LOGO CON PAPEL DE PERIÓDICO PUXEMOS UNHA SIMULACIÓN DE MÚSCULOS POR TODO O SEU CORPO. A CONTINUACIÓN PASAMOS UN RATO MOI DIVERTIDO PEGANDO A PEL CON ANACOS DE PERÍODICO MOLLADOS EN ENGRUDO (UNHA MESTURA DE AUGA CON FARIÑA). DESPOIS PINTAMOS CON ESPONXAS O CORPO E CON PINCEIS A BOCA, OS OLLOS, AS UNLLAS... FINALMENTE BAUTIZÁMOLA COMO "CUQUÍ". MENTRES ESTABAMOS CON "CUQUI" TAMÉN DECIDIRON FACER UN NIÑO CON SEIS OVOS PARA QUE "PINCHI" PUIDESE TER IRMÁNS COS QUE XOGAR. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO PROCESO:
OUTRA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS COMO DIXEMOS FOI A RECONSTRUCIÓN DUN ESQUELETO DE VELOCIRAPTOR CON ROLOS DE PAPEL. ENSAIAMOS ALGUNHAS POSIBLES FORMAS DE COLOCALOS ANTES DE CHEGAR Á DEFINITIVA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOGRAFÍAS!!
NENAS E NENOS DO GRUPO B:
NESTE GRUPO CANDO SE PROPUXERON AS POSIBLES ACTIVIDADES A REALIZAR DURANTE O PROXECTO, DECIDIMOS QUE QUERIAMOS FACER UN DINOSAURO IGUAL QUE FIXEMOS A ELSA O CURSO PASADO, ASÍ QUE TROUXEMOS TUBOS DE PAPEL HIXIÉNICO DE CASA, NA ALFOMBRA FIXEMOS O XACEMENTO ONDE ESTABAN OS FÓSILES DUN BRAQUIOSAURIO, XOGAMOS A MEDILOS, CONTALOS, OBSERVALOS CON LUPA, COMO UNS PALEONTÓLOGOS E PALEONTÓLOGAS, LEVAMOS OS ÓSOS AO MUSEO PARA RECONSTRUÍR O SAURÓPODO, CON ARAME, AXUDADOS POLA PROFE, PUXÉMOSLLE TODOS OS ÓSOS E ARTICULACIÓNS. TIVEMOS QUE INVESTIGAR MOITO SOBRE A ANATOMÍA DOS BRAQUIOSAURIOS, ENGADÍMOSLLE OS DIFERENTES ÓRGANOS INTERNOS, OS MÚSCULOS , A PEL COA TÉCNICA DE "PAPEL MACHÉ". DESPOIS PINTÁMOLO. FIXEMOS OS DENTES CON PASTA DE SAL E A LINGUA CON PLASTILINA. NON LLE QUIXEMOS POÑER OVOS DENTRO, PORQUE POR VOTACIÓN DECIDIMOS QUE SERÍA UN MACHO E ÍA A SER UN BEBÉ. ENTRE TODOS ELIXIMOS O SEU NOME, CHÁMASE BRAQUI. PENSAMOS EN COMO SERÍA A VIDA DE BRAQUI NO MESOZOICO E INVENTAMOS UN CONTO, DECIDIMOS QUE ESTE CONTO PODERÍANOS SERVIR PARA O GUIÓN DUNHA PELÍCULA. ASÍ QUE POR EQUIPOS COMEZAMOS A GRAVAR NA TABLE A PELÍCULA DE BRAQUI, UTILIZANDO A NOSA MAQUETA COMO ESCENARIO.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO PROCESO:
CREACIÓN DUN MUSEO PALEONTOLÓXICO. DESPOIS DE INVESTIGAR COMO SON OS DIFERENTES TIPOS DE MUSEOS DECIDIMOS COMO SERÍA O NOSO MUSEO: TERÍA UNHA PARTE EXPOSITIVA COS DIFERENTES TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FOMOS FACENDO O LONGO DO PROXECTO E; OUTRA RECREATIVA DA ERA DOS DINOSAURIOS, NA QUE EMPREGAMOS DIFERENTES TÉCNICAS PLÁTICAS PARA FACER: TRONCOS DAS ÁRBORES, LIANAS, DINOSAURIOS... VOTAMOS PARA POÑERLLE O NOME: DINOVILA. BOTÁDELLE UNHA OLLADA AS FOTOS PARA VER COMO SE FORON DESENVOLVENDO AS ACTIVIDADES.
NENAS E NENOS DE 5 ANOS A:
NENAS E NENOS DE 5 ANOS B:
Ningún comentario:
Publicar un comentario