13 xaneiro 2020

HORTO ESCOLAR

Familias! Os nenos e nenas de primeiro estivemos plantando cebolas, repolos e leitugas o pasado 10 de xaneiro coa axuda do alumnado de 5º.
O horto permítenos:

1. Favorecer unha alimentación saudable e equilibrada, sen uso de produtos químicos.
2. Potenciamos o cultivo de produtos autóctonos e da época do ano.
3. O alumnado traballa e xoga nun espacio natural, interacturando co entorno próximo.
4. Traballamos valores de respeto, conservación e coidado da natureza, medio ambiente e da contorna.
5. A responsabilidade dos alumnos á hora de cultivar o seu propio alimento proporciónalles ilusión e aprendizaxe.









Ningún comentario:

Publicar un comentario