Hoxe visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Orbil, mascota do salón, agardaba na entrada para saudarnos.
Fixemos unha visita guiada polos diferentes espazos e salas. Participamos con interese e ilusión das explicacións das monitoras e dos xogos propostos.
Buscamos o
traballo presentado polo noso cole e fixámonos especialmente nas páxinas de 4º.
A continuación, disfrutamos do espectáculo teatral WOMBO COMBO da Compañía Galeatro. A obra moi entretida, levounos a reflexionar sobre acoso, videoxogos que "atrapan" e realidade virtual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario