Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional. Amosar todas as publicacións

17 xuño 2021

CÁPSULA DO TEMPO

  O alumnado de 2º tamén participou nesta actividade do cole. Cada neno e nena escribiu pensando en como será en 5 anos, reflexionando sobre os cambios, as relacións...Que emoción agardar estes 5 anos, porque cando abramos a caixa...xa estaremos no instituto!!!!







 

02 xuño 2021

BOLIÑAS DA CALMA

 Con globos e perlas de auga preparamos unhas bolas moi chulas para nos tranquilizar cando estemos nerviosos e nerviosas. Cada neno e nena decorou a súa nunha actividade de Valores onde puidemos ver cómo medraban as perlas na auga e que pon punto final a todo o que aprendimos sobre o autocontrol. 














15 febreiro 2021

CELEBRAMOS O AMOR E A AMIZADE

 O venres 12, ademáis de celebrar o Entroido, os nenos e nenas de 2º fixeron o xogo do amigo invisible entre unha clase e a outra. Todo o alumnado diseñou unha tarxeta como agasallo moi cariñoso , con mensaxes positivas, desexos de pasar un bo entroido... Menuda sorpresa tiveron cando recibiron a súa tarxeta! Hoxe celebramos o amor, a amistad, o compañerismo...








13 novembro 2020

O CUCURUCHO DAS EMOCIÓNS

 Como vedes hoxe no cole tivemos un día moi especial. Despois do traballo do magosto, as merendas de outono feitas na casa... aínda quedaba outra sorpresa!!!

Os nenos e nenas de 2º estiveron falando dos sentimentos, das emocións...e fixeron este mural tan colorido e fermoso: O CURURUCHO DAS EMOCIÓNS!!! O cucurucho está cuberto cos corazonciños de todos e todas, e as emocións están escritas en cada castaña... 

Para rematar o día do magosto: un montón de chuches dentro do cucurucho!!! 





17 xuño 2020

AS TITORAS QUEREMOS DECIRVOS....

Nenos e nenas de 1º!!! Chega a hora da despedida...pero unha despedida alegre, porque temos un verán longuísimo por diante para xogar e disfrutar e logo, en setembro...Vémonos con moitas ganas aquí no cole!!
Un millón de bicos de Mariluz e Ruth!!!!!





                                     

02 xuño 2020

EXPERIENCIAS NA RÚA: AS NOSAS SAÍDAS, COMO SON?

Presentamos as nosas saídas á rúa. Atopamos debuxos, cómics, narracións... gústanos ver que, aínda con normas, somos capaces de divertirnos e pasalo ben cando saímos, que iso é o importante!

">

25 maio 2020

XA PODEMOS SAÍR Á RÚA

Estimadas familias,

As nenas e os nenos xa poden saír á rúa con coidado. Este feito amosa en elas e eles diferentes sentimentos, emocións, desexos, percepcións,... É bo que lles axudemos a expresalos para que os entendan mellor e tamén para que lles poidamos axudar a percibir a situación adecuadamente. Sen présas convén ir traballando a situación, ser pacientes e darlle a cadaquén o tempo que precise para afacerse.
Propoñemos que conten “A saída á rúa tras o confinamento”, pode ser cun debuxo único ou un cómic (de tres a 6 viñetas), pode ser real ou imaxinario, pode ser en pasado ou en futuro,...  Compartiremos para elaborar “EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS”.

1. Falamos do que sentimos nese momento e como poderíamos debuxalo, formas, cores,...

2. Debuxamos nun folio colocado en horizontal.

3. Coloreamos e poñemos título.


4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita  ao correo das mestras titoras.