04 novembro 2019

PROXECTO O CORPO HUMANO

Este proxecto estanos a dar para moito... aprendemos sobre nós, que cada quen é único e especial: EU















 Tamén aprendemos sobre como descubrimos e percibimos o mundo que nos arrodea: OS SENTIDOS




Fixemos obradoiros de olores e de sabores... disfrutamos moito, moito, moito!!!














Comprendemos os mecanismos e estruturas que permiten que o noso corpo poida moverse e adquirir moitísimas posicións. Todo esto visitando o LABORATORIO DO COLE!





















30 outubro 2019

SAMAÍN 2019

Chega o Samaín ás clases de 1º! Montamos un recanto con xogos terroríficos: tres en raia de arañas, dominós de medos... e un conto con efectos sonoros que fixemos na biblioteca: " La extraña visita".



24 outubro 2019

PREPARANDO O SAMAÍN



O Samaín está á volta da esquina, e os nenos e nenas de 1º están preparando varias manualidades para unha gran exposición. Estade atentos ó resultado...






20 outubro 2019

ELMER

Traballando valores en Atención Educativa: traballo en equipo, planificación, organización, cooperación... e satisfacción polo traballo ben feito!!


PROXECTO O CORPO HUMANO

O noso recanto do proxecto vai collendo forma:  temos un "Museo das articulacións", o mural dos sentidos e a nosa zona de información e investigación.

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

  Para seguir aprendendo moitas cousas do corpo humano precisamos material de investigación e búsqueda da información na aula .Varios nenos e nenas trouxeron libros, xogos e ata un corpo humano en miniatura. Onte visitamos a biblioteca do cole para seleccionar os mellores libros do tema.




LOLA CON ALAS




E tras ler LOLA CON ALAS,  nós tamén decidimos pór cor ao noso día nunha xuntanza artística dos nenos e nenas de primeiro.










15 outubro 2019



OUTONO!!
Traballamos moito toda a clase para poder recibir ao OUTONO como se merece, e así decorar a nosa porta da clase, gústavos?




03 outubro 2019

Lecturas compartidas

Nada mellor que unha sesión de lectura compartida no noso recanto de 1º para tranquilizarnos un pouco despois do recreo...
                                                                             


01 outubro 2019

Xogando coas mates!

Estamos a repasar matemáticas con xogos moi divertidos que poñen a proba a nosa rapidez mental, cálculo, numeración...e moito traballo en grupo!


                    

24 setembro 2019

Xa estamos en primeiro!!!!

Novas profesoras, novas rutinas, novas normas...pero que ben estamos todos e todas xuntos en 1º!!!!!

02 setembro 2019

XA ESTAMOS EN 1º!!!

DENTRO DUNS DÍAS CHEGAREMOS ÁS CLASES DE 1º.
TEMOS MOITA ILUSIÓN POR COMEZAR.
CANTAS NOVIDADES!!!

04 xullo 2019

BO VERÁN A TODAS E A TODOS!!!

CHEGAMOS AO FINAL DESTE CURSO E DO CICLO, PARA O CURSO QUE VÉN, VÉMONOS EN PRIMEIRO!!! SAPIO E MILOSTA ESPERAN  QUE  DISFRUTEDES DO  VERÁN E LLE CONTEDES O QUE FIXESTES NA VOLTA AO COLE!!!