ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
18 febreiro 2020
INVESTIGACIÓNS
E AQUI TEMOS ALGUNHAS DAS INVESTIGACIÓNS DOS NOSOS ALUMNOS. O PROXECTO DOS ANIMAIS INTERÉSANOS MOITÍSIMO!!!
16 febreiro 2020
APADRINAMOS UN PINGÜÍN
Os nenos e nenas de 1º A acabamos de apadrinar un pingüín da Antártida, concretamente da Illa Decepción. Decidimos chamalo Pinguin, e fíxonos moitísima ilusión recibir un diploma coa foto do noso pingüín e o compromiso de coidar o planeta para que animais coma el teñan un futuro mellor. Xa somos padriños e madrinas!!!!!!!
15 febreiro 2020
PREPARANDO O ENTROIDO
O Entroido está a volta da esquina... Os nenos e nenas de 1º traballan arreo estes días para preparar o seu disfraz. De que pensades que van disfrazados? Nestas fotos tedes unha boa pista...
14 febreiro 2020
SALÓN DO LIBRO
NO DÍA DE HOXE TIVEMOS MOITA SORTE PORQUE VEU ORBIL PARA RECORDARNOS QUE PRONTO PODREMOS VISITAR O SALÓN DO LIBRO. CONVIDOUNOS A TODOS E TODAS PARA ASISTIR E PASAR UN BO RATO PORQUE ESTE ANO VAI ADICADO AO HUMOR!!!!
TEATRO: "SAFARI"
10 febreiro 2020
PINTANDO ANIMAIS
QUE BEN QUE O PASAMOS DEBUXANDO COAS MANS AMINAIS, UNHA ACTIVIDADE DIVERTIDA ONDE POIDEMOS CREAR CADROS PERSONALIZADOS!
07 febreiro 2020
ANIMAIS DO AMAZONAS
Seguimos a traballar un novo hábitat. Eleximos o Amazonas, o "pulmón da Terra", pola súa enorme biodiversidade. Tivemos un primeiro achegamento na aula de Informática para saber onde está situado, que tipo de animais e vexetación hai...
E mirade o noso recanto de material sobre o proxecto: non para de medrar coas aportacións dos alumnos e alumnas
E mirade o noso recanto de material sobre o proxecto: non para de medrar coas aportacións dos alumnos e alumnas
03 febreiro 2020
DÍA DA PAZ
E por fin chegou o Día da Paz! O nosos veleiros verdes navegaron polos debuxos do fondo do mar que xa tiñamos preparados dende fai varios días! Cada un de nós personalizou o seu barquiño: nome, bandeira, as velas de cores, o casco... Unha experiencia moi bonita ca que unimos Música, Plástica, proxecto dos animais e moitos, moitos valores...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)