06 outubro 2020

MÁIS ÁRBORES XENEALÓXICAS

 E seguimos a coñecer as familias dos nosos compañeiros e compañeiras. Con esta actividade estamos traballando moito a expresión oral, a atención, escoita activa, respeto...















05 outubro 2020

PROXECTO FAMILIA: ÁRBORE XENEALÓXICA

 Comezamos hoxe coas exposicións da árbore xenealóxica feita esta fin de semana. Moi orgullosos e orgullosas de mostrar na clase á nosa familia!!! Temos árbores con fotos, outras con debuxos..unhas familas teñen moitos membros e outras son pouquiños. Pero todas, todas, teñen moito amor.










01 outubro 2020

 O noso novo proxecto este curso será sobre a familia. Tipos de familias, valores que hai nas familias, onde e como viven as familias... 

A primeira tarefa de investigación será a elaboración dunha árbore xenealóxica. Podedes facelo no formato que queirades, con fotos, con debuxos, cos nomes...



O luns será o último día para enviar a foto cos traballos feitos, posto que adicaremos a semana seguinte para as exposicións orais.

MARA XA ESTÁ DE VOLTA NO COLEXIO

 Como Mara xa se incorporou ao colexio, as nenas e nenos da clase de 2ºB firmamos a escaiola.




29 setembro 2020

TRABALLOS DE AULA DA SEMANA DO 28 DE SETEMBRO AO 2 DE OUTUBRO

Nesta entrada iremos engadindo material para traballar na casa, se é necesario, dalgunhas actividades que estemos a facer na clase. 



















MANDAMOS MOITOS BICOS E APERTAS A NOSA COMPAÑEIRA MARA

A compañeira de 2ºB non pode vir ao cole, e os nenos e nenas de 2ºB mandámoslle un video para facerlle máis levadeira a espera á volta ao cole.


RECITANDO

 Os poemas de outono gustáronnos tanto,tanto, que os  memorizamos e logo fixemos un recital na clase. Algúns e algunhas o fixeron sós, outros por parellas, en grupo... mirade que ben recitan os nenos e nenas de 2º!!!





















25 setembro 2020

BIBLIOTECA DE AULA

 Hoxe pusemos a funcionar as nosas Bibliotecas de Aula. Cada neno e nena levou para casa un libro para ler o fin de semana, e o luns ten que traelo de volta para facer un pequeno traballiño na libreta: practicaremos o resumo e a opinión persoal. 

Podedes quedar tranquilos que todos os contos pasarán unha cuarentena durante a semana seguindo o protocolo COVID-19.

Disfrutade da lectura!!!




TRABALLOS NA AULA SEMANA DO 21 AO 25 DE SETEMBRO


 Algúns dos traballos desta semana, para quen precise traballar na casa. Podedes rematar algunha que vos quedara a mitade, repasar se vos quedaron dúbidas...









24 setembro 2020

POEMAS DE OUTONO

 Coa chegada do outono, ademáis de aproveitar para repasar os meses do ano, as estacións, contar cantos días vai ter este outono, etc. tamén quixemos practicar a nosa memoria traballando estes fermosos poemiñas de outono. Ventos de chuvia, follas de cores...o outono chama a porta!



23 setembro 2020

TRABALLOS NA AULA





Con este título iremos subindo ao blog algúns traballos que estamos a facer na aula. Esto permitirá que o alumnado que non poida vir, por circunstancias diversas, poida facer estes traballos na casa. Tende en conta que nestes días estamos facendo un repaso do curso pasado, e que a maioría de actividades son orais, en grupo...





21 setembro 2020

COMPETENCIA DIXITAL: CORREO ELECTRÓNICO

 Tras presentar na clase as nosas investigacións fixemos prácticas para aprender cómo temos que empregar esta ferramenta. Aprendimos a poñer as direccións e enviamos correos de verdade!!!

Aquí podemos atopar algunhas imaxes do traballo feito, tanto a parte virtual como a parte escrita.







18 setembro 2020

COMPETENCIA DIXITAL


Este curso temos previsto facer un aula virtual, e imos aprender a manexarnos nós soíños e soíñas. Antes de porñernos mans á obra temos que aprenden algunha cousiña...

Como TAREFA PARA ESTA FIN DE SEMANA (18/19 de setembro) debemos investigar sobre o CORREO ELECTRÓNICO: que é, como funciona, cando xurdiu... O luns 20 contarémonos toda a información na clase!!!


 

16 setembro 2020

MOVÉMONOS NA CLASE!!!

 Pois sí, non todo vai ser estar sentadiños na clase, así que temos tempo de movernos un chisquiño con moito sentidiño preto das nosas mesas e tentando gardar a distancia de seguridade... aquí tedes unha mostra do ben que o podemos pasar!!!!!





 



                                          









                                            

11 setembro 2020

COMENZAMOS SEGUNDO!!!!


 E de novo estamos todos xuntos e xuntas, aínda que gardando distancias... pero felices de vernos as caras e presumir das nosas máscaras. 

Este curso é diferente pero de seguro que ten moitas sorpresas agardando para nós!!!


AS NENAS E OS NENOS DE 2ºA!!!



                                                  



AS NENAS E OS NENOS DE SEGUNDO B!!!