A CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS REMATOU CUN CONCERTO.
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
26 maio 2022
24 febreiro 2022
23 febreiro 2022
22 febreiro 2022
21 febreiro 2022
19 febreiro 2022
VÉN O ENTROIDO CARGADO DE ARTE
ESTÁ CHEGANDO O ENTROIDO E IMOS ESTAR MOI PENDENTES DE VILAVERDIÑO.
VAI TRAER MANDADIÑOS PARA QUE FAGAMOS AO LONGO DA SEMANA...
18 febreiro 2022
VÍDEO COS EXPERIMENTOS DO DÍA 11 NO COLEXIO
ESTE O VÍDEO DO TRABALLO SOBRE O DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO
14 febreiro 2022
23 DE FEBREIRO: ROSALÍA DE CASTRO
ROSALÍA DE CASTRO É UNHA DAS NOSAS ARTISTAS MÁIS RELEVANTES.
A SÚA ARTE ESTÁ RELACIONADA COA ESCRITURA, NÓS IMOS UNIR ALGÚN DOS SEUS POEMAS CON OUTRO TIPO DE ARTE.
ELIXIMOS O POEMA
"EU CANTAR, CANTAR, CANTEI"
Eu cantar, cantar, cantei,
a graza non era moita,
que nunca (diso me pesa)
fun eu meniña graciosa.
Cantei como mal sabía
dándolle reviravoltas
cal fan aqueles que non saben
dereitamente unha cousa.
09 febreiro 2022
NENA E MULLER NA CIENCIA
AO REDOR DO 11 DE FEBREIRO ESTAMOS NO COLEXIO A TRABALLAR SOBRE A CIENCIA, SOBRE AS CIENTÍFICAS RELAVANTES E...
ESTAMOS A FACER EXPERIMENTOS CON ARTE!
19 xaneiro 2022
REGRESAMOS CON MOITAS GANAS
NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR AO REDOR DA PAZ.
TODO O TRIMESTRE VAI TER COMO TEMA XERAL "A ARTE".
ASÍ QUE IMOS TRABALLAR A PAZ CUN CADRO E UN LEMA.
COLABORAREMOS CO RESTO DO COLE PARA COMLETAR UN CADRO:
21 decembro 2021
30 novembro 2021
CHARLA SOBRE "SAÚDE, ALIMENTACIÓN E ACTIVIDADE FÍSICA"
Asistimos a un obradoiro sobre saúde, deporte e alimentación. A actividade foi presentada polo concelleiro de Educación e Deporte, Tino Fernández, e a súa organización estivo a cargo da Sociedade Deportiva Teucro.
![]() |
Preme parar ver máis imaxes |
Ao remate da charla agasalláronnos cunha bolsiña de tea que contiña produtos recomendables para unha vida saudable.
Seguiremos investigando e traballando sobre nutrintes e clasificación de alimentos.
A noticia tamén apareceu nos xornais:
25 novembro 2021
25 DE NOVEMBRO CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO
REFLEXIONAMOS NA CLASE SOBRE O MALTRATO DE XÉNERO E COMO HAI QUE ERRADICALO.
PARTIMOS DUN CONTO E AMOSAMOS O NOSO REXEITAMENTO CONTRA CALQUERA TIPO DE MALTRATO.
29 outubro 2021
UN SAMAÍN DIFERENTE
A MAXIA INUNDA O COLEXIO.
NESTAS SEMANAS TOCA TRABALLAR A MAXIA DO SAMAÍN.
LOITAMOS CONTRA OS MEDOS ESCOITANDO HISTORIAS.
O DÍA DA FESTA HABERÁ VARIÑAS MÁXICAS, PALABRAS MÁXICAS E PEITEADOS INCRIBLES.
XA VEREDES FOTOS.
21 outubro 2021
MOITAS INVESTIGACIÓNS FACEMOS
DURANTE ESTAS SEMANAS ESTAMOS A TRABALLAR CON MOITA INFORMACIÓN DIFERENTE SOBRE O QUE ACONTECEU NO MUNDO E EN ESPAÑA.
ESTAMOS ACOMODÁNDONOS ÁS NOSAS NOVAS AULAS.
02 setembro 2021
XA ESTAMOS EN 3º!
O VINDEIRO DÍA 9 ESTAREMOS NAS CLASES E PODEREMOS SAUDARNOS.
AS NOSAS MASCOTAS ESCRIBIRÍANNOS ALGO? MANDARÍAN UNHA CARTA?
22 xuño 2021
DESPEDIDAS
E chegamos ao noso derradeiro día en 2º...
Medramos todos e todas xuntos e xuntas, e somos mellores!!!! Mellores amigos e amigas, mellores compañeiros e compañeiras, máis fortes, máis expresivos, máis independentes...
Estamos moi orgullosas de todas e todos vós, e nunca vos poderemos esquecer, recordade que xa tedes un anaquiño dos nosos corazóns!!!
19 xuño 2021
ROTEIRO COMPETENCIAL
Vaia actividade chula que fixemos hoxe en 2º!!!!
En grupos de seis detectives tivemos que superar catro probas, primeiro o alumnado de 2º B e logo 2ºA:
1) Abrir unha caixa forte. Para adiviñar a contraseña tiñamos que ordear unha historia, pero o máis difícil é que algunha parte estaba con escritura en espello!!!
2) Montar un circuito no xeoplano e facer o recorrido cunha boliña. Que emoción!!!!
3) Superar unha ronda de preguntas interactivas para evitar unha invasión alieníxena.
4) Resolver catro problemas matemáticos para poder abrir os candados que estaban escondidos por todo o patio. Localizar os candados xa era todo un reto, porque aínda que levamos un plano, algún estaba moi escondido!!!
ACTIVIDADES ÚLTIMOS DÍAS
Despois dun curso tan complicado, a mellor maneira de repasar todo o aprendido é con xogos e actividades máis lúdicas, moitas delas xa practicadas durante o curso, pero que sempre nos gusta volver a facer. Tangram, simetrías con espellos, ruleta das multiplicacións...
17 xuño 2021
CÁPSULA DO TEMPO
O alumnado de 2º tamén participou nesta actividade do cole. Cada neno e nena escribiu pensando en como será en 5 anos, reflexionando sobre os cambios, as relacións...Que emoción agardar estes 5 anos, porque cando abramos a caixa...xa estaremos no instituto!!!!