OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS B. DESPOIS DE IR Á FÁBRICA DE CLESA EMPEZAMOS O PRIMEIRO PROXECTO DESTE CURSO.
UN DÍA UN AMIGO TRÓUXONOS A CLASE AS BACTERIAS COAS QUE SE FAI O IOGUR, INTERESOUNOS TANTO ESTE TEMA QUE MOITOS E MOITAS DE NÓS COMEZAMOS A TRAER A CLASE DEBUXOS E INFORMACIÓN DE BACTERIAS, VIRUS E FUNGOS, ISTO LEVOUNOS A TRABALLAR SOBRE OS MICROORGANISMOS OU MICROBIOS: COMO SON, A SÚA FORMA, COR.... ONDE VIVEN E COMO AXUDAN AO NOSO CORPO E TAMÉN COMO O PREXUDICAN.
UN DÍA UNHA AMIGA DÍXONOS QUE OS VIRUS VIVEN DENTRO DAS CÉLULAS. E QUE SERÁ ISTO DAS CÉLULAS? ASÍ EMPEZAMOS A INVESTIGAR, ISTO LEVOUNOS A VER QUE O NOSO CORPO ESTÁ COMPOSTO DE CÉLULAS E QUE AS CÉLULAS FORMAN TODAS AS PARTES DO NOSO CORPO.
UN AMIGO DA CLASE ROMPEU UN BRAZO E CONTOUNOS QUE ROMPEU O RADIO E O CUBITO. QUE SIGNIFICABAN ESES NOMES? DESCUBRIMOS QUE ERAN DOUS ÓSOS QUE ESTABAN NO BRAZO. ASÍ VIMOS QUE AS CÉLULAS TAMÉN FORMAN AOS NOSOS ÓSOS.
AHORA ESTAMOS A BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE TODO ISTO. PERO PARA INVESTIGAR MELLOR CONVERTÉMONOS EN CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS E MONTAMOS UN LABORATORIO EN CLASE PARA FACER EXPERIMENTOS QUE NOS AXUDAN A COMPRENDER MELLOR COMO AFECTAN OS MICROBIOS AO NOSO CORPO.
DURANTE OS PRÓXIMOS DÍAS POÑERÉMOSVOS UNHAS PRESENTACIÓNS SOBRE ALGÚNS TRABALLOS QUE REALIZAMOS, NON PUIDEMOS POÑELAS ANTES PORQUE TIVEMOS UN PROBLEMA COAS FOTOS E COS VÍDEOS, ESTAMOS A TENTAR ARRANXALO, CANDO OS TEÑAMOS, CONVIDARÉMOSVOS A VELOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario