20 maio 2019

INCIACIÓN Á ROBÓTICA EO STEM

A ROBÓTICA É UNHA FERRAMENTA EDUCATIVA COMPLEMENTARIA COA QUE TRABALLAMOS CONTIDOS CURRICULARES DE FORMA LÚDICA E MOTIVADORA DENTRO DO STEM. A FINALIDADE É INTRODUCIR AO ALUMNADO DE FORMA NATURAL E LÚDICA NA LINGUAXE DA PROGRAMACIÓN, A CIENCIA E A MATEMÁTICA A TRAVÉS DO PENSAMENTO COMPUTACIONAL, O PENSAMENTO LÓXICO E A LINGUAXE; CO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES MANIPULATIVAS, DE REFLEXIÓN E TRABALLO COLABORATIVO NAS QUE SE LLE PROPOÑEN RETOS E SE POÑEN EN PRÁCTICA HABILIDADES COGNITIVAS DAS DISTINTAS ÁREAS CURRICULARES. A TRAVÉS DAS DIFERENTES DINÁMICAS DE TRABALLO COA ROBÓTICA O ALUMNADO DESENVOLVERÁ APTITUDES E HABILIDADES ESENCIAS COMO: APRENDER A APRENDER, CREAR, CONSTRUIR E PROGRAMAR. ESTES SON ALGÚNS DOS OBXECTIVOS QUE SE REFLICTEN NO PROXECTO  DE CENTRO EN CANTO A ROBÓTICA:
- APRENDER A APRENDER, MEDIANTE PROCESOS DE INDAGACIÓN E DESCUBRIMENTO.
- POTENCIAR SÚA COMPETENCIA DIXITAL CO MANEXO DE DIFERENTES DISPOSITIVOS.
 DESENVOLVER O PENSAMENTO LÓXICO E COMPUTACIONAL.
TOMAR DECISIÓNS, AFRONTAR RETOS.
-  IMPULSAR A CREATIVIDADE.
-  TRABALLAR EN EQUIPO DE XEITO COLABORATIVO OU COOPERATIVO.
PROMOVER O INTERESE POLO MUNDO DA PROGRAMACIÓN E A MECÁNICA.
AS ACTIVIDADES DESENVOLTAS FORON REALIZADAS POLAS TITORAS E POLAS PROFES DE APOIO.  EN OCASIÓNS CON GRUPOS REDUCIDOS E NOUTRAS CON TODO O GRUPO. A DURACIÓN DAS ACTIVIDADES  VARIA ENTRE MEDIA E UNHA SESIÓN. OS ROBOTS QUE SE MANEXARON FORON O DOC, BLUE-BOT E MIND DE XEITO HABITUAL E OCASIONALMENTE O M-BOT.
REALIZAMOS ACTIVIDADES DE TRES TIPOS:
1. PROMOVIDAS POLA BIBLIOTECA E O EQUIPO STEM:
  • CELEBRACIÓN “ROSALÍA DE CASTRO”: ACTIVIDADE REALIZADA NAS AULAS E ZONAS COMÚNS, PRESÉNTASE UN  TABOLEIRO CON 12 IMAXES SOBRE A VIDA DE ROSALÍA DE CASTRO E UNHA BARRALLA CON PREGUNTAS ADAPTADAS AO NIVEL SOBRE A SÚA BIBLIOGRAFÍA . NO TABOLEIRO HAI NOTAS MUSICAIS QUE ESTÁN RELACIONADAS COS POEMAS MUSICADOS QUE TAMÉN TRABALLOU A ESPECIALISTA DE MÚSICA NAS SÚAS SESIÓNS CO ALUMNADO. AS ESPECIALISTAS EN LINGUA INGLESA TRABALLARON NAS SÚAS SESIÓNS  O VOCABULARIO EN INGLÉS RELACIONADO COA VIDA E OBRA DE ROSALÍA DE CASTRO. ESTA EXPERIENCIA FOI ACOLLIDA POLO ALUMNADO CON MOITO ENTUSIASMO.
  • CELEBRACIÓN 8 DE MARZO “DÍA DA MULLER TRABALLADORA”  REFLEXIONAMOS SOBRE A COLABORACIÓN E A CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DOMÉSTICAS E DO FOGAR. PRETENDEMOS RACHAR ESTEREOTIPOS QUE IMPIDEN UNHA IGUALDADE XUSTA E EFECTIVA. TRABALLAMOS  O CONTO  “LAS MUÑECAS SON PARA NIÑAS” EN TODO O CENTRO.  O ALUMNADO DE 5º CONTOU,  GRAVOU  E EXPUXO CON CÓDIGO QR  O CONTO PARA VER CON DISPOSITIVO MÓBIL  NUNHA DAS PAREDES EXTERIORES DA BIBLIOTECA  NON SO PARA O ALUMNADO DO CENTRO SENÓN TAMÉN PARA AS FAMILIAS. LEVAMOS AS TABLETS PARA ESCOITALO. ADEMAIS PRESENTÓUSE AO ALUMNADO UN TABOLEIRO DE 24 CASAS QUE REPRESENTABA UNHA VIVENDA FAMILIAR E CONTORNAS FRECUENTADAS POLAS FAMILIAS (ESCOLA, PARQUE, SUPERMERCADO, TENDA DE ROUPA, ACTIVIDADES...)  E  UNHA BARALLA DE CARTAS CON PREGUNTAS  ADAPTADAS AO  NIVEL, TAMÉN UNHA GRÁFICA PARA COMPROBAR A CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFEAS DO FOGAR. UN DOC FACÍA DE HOME E OUTRO DE MULLER. REALIZOUSE NAS AULAS E ESPAZOS COMÚNS. O ALUMNADO PARTICIPOU CON MOITAS GANAS NA ACTIVIDADE. 
  • CELEBRACIÓN DO “DÍA DO LIBRO” ORGANIZÁRONSE UNHA SERIE DE ACTIVIDADES ENCADEADAS. LAMPI A MASCOTA DA BIBLIOTECA CONVIDA AO ALUMNADO Á ENTRADA DA MESMA  CO LEMA “OS ROBOTS CHEGAN Á BIBLIOTECA”  PARA IR A MESA DE REXISTRO COÑECER AO ROBOT BIBLIOTECARIO. ALÍ TIÑAN QUE LER UNHAS INSTRUCIÓNS E IR FACENDO A SECUENCIA: ACENDER O M-BOT, LER A PANTALLA (FELIZ DÍA DO LIBRO), APÁGALO, COLLER UN DOS TABOLEIROS, NESTA OCASIÓN CON IMAXES  DOS CONTOS  “OS TRES PORQUIÑOS “ OU “CARAPUCHUÑA”  E ESCOLLER UN DOS TRES ROBOTS "DOC, BLUE-BOT OU  MIND" PARA CONTAR O CONTO SEGUINDO A SECUENCIA LÓXICA DO MESMO (PRINCIPIO-TRAMA-DESENLACE). RESULTOU UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA  E NOVEDOSA PARA O ALUMNADO .
  • CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS “ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS”  NESTA OCASIÓN PRESÉNTASE NA BIBLIOTECA  UN TABOLEIRO CON  NOVE PREGUNTAS SOBRE A VIDA E OBRA DO HOMENAXEADO E TAMÉN  DOUS DADOS PARA LANZAR E SUMAR. O RESULTADO DA SUMA É A CASA Á QUE DEBEN DESPRAZAR O ROBOT E DAR RESPOSTA Á PREGUNTA. FACILÍTASE UNHA FOLLA CON INSTRUCCIÓN E UN CÓDIGO QR PARA LER COA TABLET POR SE SAE  ALGUNHA DAS CASAS CON NOTAS MUSICAIS, NAS QUE TIÑAN QUE CANTAR OU BAILAR A CANTIGA  “O CASAMENTO DA PULGA” DE YOTUBE DE PABLO DÍAZ. NOVAMENTE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA POR PARTE DO ALUMNADO. PODÍAN EMPREGAR  O DOC, BLUE-BOT OU MIND.

2. RELACIONADAS COS PROXECTOS NAS AULAS, ESTE CURSO DESENVOLVÉRONSE DOUS PROXECTOS OS DINOSAURIOS E O UNIVERSO E EMPREGAMOS AS SEGUINTES FERRAMENTAS PARA TRABALLAR ALGÚNS DOS CONTIDOS:
  • TABOLEIROS  PARA O DOC E BLUE-BOT CON CONTIDOS RELACIONADOS COS DINOSAURIOS E CO UNIVERSO. DOUS TIPOS DE ACTIVIDADES RELACIONAR IMAXE CON NOME OU RESPOSTAR AS TARXETAS CON PREGUNTAS. EMPREGOUSE CON TODO O ALUMNADO PARA A PRESENTACIÓN E LOGO XOGABAN AUTONOMAMENTE NO TEMPO DE RECANTOS.
  • EMPREGAMOS A APLICACIÓN HP REVEAL PARA DESENVOLVER UNHA ACTIVIDADE DE REALIDADE AUMENTADA. O ALUMNADO RECORTOU PISADAS DE DIFERENTES DINOSAURIOS E BUSCOU IMAXES NA REDE DESES DINOSAURIOS. O XOGO CONSISTÍA EN EXTENDER POLO CHAN AS PISADAS, IDENTIFICAR UNHA PISADA  E COMPROBALO COA TABLET (Ó ACHEGAR A TABLET A PISADA SAÍA O DINOSAURIO O QUE PERTENCÍA). PRESENTOUSE EN GRAN GRUPO E DESPOIS XOGABAN AUTONOMAMENTE NO RECANTO DO MUSEO.
  • INTERACCIÓN CON LIBROS E CROMOS DE REALIDADE AUMENTADA  RELACIONADOS COS  CONTIDOS DO PROXECTOS, EMPREGANDO AS TABLET, COMBINANDO O MUNDO REAL CO MUNDO DIXITAL ,PARA DARLLE VIDA ÓS DINOSAURIOS OU MOVEMENTO  O UNIVERSO , PUIDENDO VER E MANIPULAR OS OBXECTOS EN DIVERSOS ÁNGULOS DE FORMA LÚDICA. PRESENTANSE A TODO O GRUPO E DESPOIS XOGAN AUTONOMAMENTE NO RECANTO DE BIBLIOTECA. COS CROMOS DE REALIDADE AUMENTADA CONSEGUIMOS FACER UNHA PELÍCULA "PASEANDO ENTRE DINOSAURIOS POR DINOVILA".  https://www.youtube.com/watch?v=vtqrEgbuhCw   
  • MÓBIL E GAFAS DE REALIDADE  VIRTUAL COAS QUE XERAMOS CONTORNAS VIRTUAIS QUE CREAN NO USUARIO A SENSACIÓN DE ESTAR INMERSO NESAS CONTORNAS. EMPREGAMOS AS APLICACIÓNS:  VR TIERRA DE LOS DINOSAURIOS, VR SOLAR SPACE E  VR SPACE WORLD. 
  • INTRODUCIÓN AO USO DO CÓDIGO QR. CÓDIGO DE FORMA CADRADA QUE NOS ENLAZA  A TRAVÉS DUNHA APLICACIÓN INSTALADA NO DISPOSITIVO MÓBIL  CUN ENLACE DA WEB. REALIZAMOS VARIAS ACTIVIDADES DESTE TIPO PARA QUE O ALUMNADO DO CENTRO E AS FAMILIAS AS PUIDESEN VISIONAR. EXPERIMENTO DA LÁMPADA DE LAVA, A CANTIGA DOS DINOSAURIOS E A PELÍCULA E DOCUMENTAL DE DINOSAURIOS.
  • CONDUCIR A M-BOT. DENTRO DO PROXECTO DO UNIVERSO DESENVOLVEMOS UN XOGO  "PREPARÁMONOS PARA PILOTAR UNHA NAVE ESPACIAL" COA APLICACIÓN  MAKEBLOCK DA TABLET TIÑAN QUE SORTEAR OBSTÁCULOS (FIGURAS XEOMÉTRICAS BÁSICAS) QUE SIMULABAN ESTRELAS, ASTEROIDES, PLANETAS...
  • CONSTELACIÓNS DE ANIMAIS CON MIND. NO PROXECTO DO UNIVERSO XOGAMOS CON MIND  E O TANGRAM DE ANIMAIS  QUE NOS RECORDA AS CONSTELACIÓNS DE ANIMAIS. REALIZÁRONAS E DESPOIS COLOREÁRONAS. AO MESMO CO TANGRAM  FÍSICO CREARON NOVAS FORMAS.
3. OUTRAS ACTIVIDADES: 
  •  EXPERIMENTACIÓN LIBRE CON CONSTRUCIÓNS BÁSICAS NUN DOS RECANTOS DAS AULAS PARA PLANIFICAR, EXPERIMENTAR E CREAR EN PEQUENO GRUPO DE XEITO COLABORATIVO. DESENVOLVEN TAMÉN A CONCIENCIA ESPACIAL, O COÑECEMENTO MATEMÁTICO, AFRONTAN RETOS E DESENVOLVEN A CREATIVIDADE. 
  • OBRADOIRO COAS FAMILIAS CIRCUITO ELÉCTRICO CON PLASTILINA CONDUCTIVA.  ENFOCADA COMO UNHA ACTIVIDADE DE INTRODUCIÓN Á TECNOLOXÍA. AS FAMILIAS EXPLICARON COMO  SE  FAI A PLASTILINA CONDUCTORA E A DIFERENZA COA PLASTILINA DA AULAS QUE NON É CONDUCTORA. INTRODUCIRON VOCABULARIO BÁSICO PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE: CIRCUITO, BATERÍA-ENERXÍA, CABLE VERMELLO-POSITIVO, CABLE NEGRO-NEGATIVO, LEDS PATA CORTA-NEGATIVO E LONGA POSITIVO, CURTOCIRCUITO, VOLTIOS, ZUMBADOR, MOTOR... DESPOIS DUNHAS BREVES INDICACIÓNS DAS FAMILIAS COMEZARON A FACER AS SÚAS PROPIAS CREACIÓNS DANDO RENDA SOLTA A SÚA IMAXINACIÓN  E RESULTARON ELABORACIÓNS CREATIVAS E ORIXINAIS. DESPOIS DA ACTIVIDADE DISPUXEMOS UN ESPAZO DA AULA PARA QUE CONTINUASEN EXPERIMENTANDO.   https://www.youtube.com/watch?v=5YE7_Z7JV5I&t=45s

ESTAS FORON MOITAS DAS ACTIVIDADES  DE INICIACIÓN Á ROBÓTICA E O STEM REALIZADAS QUE VALORAMOS COMO POSITIVAS PARA TODO O ALUMNADO XA QUE FORON LÚDICAS E MOTIVADORAS. A TRAVÉS DA SÚA REALIZACIÓN O ALUMNADO ADQUIRIU CONTIDOS CURRICULARES E  DESENVOLVEU AO MESMO TEMPO HABILIDADES SOCIAIS, COLABORATIVAS, MANIPULATIVAS, COGNITIVAS, LINGÜÍSTICAS, MATEMÁTICAS E CREATIVAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario