20 maio 2019

EDUCACIÓN EMOCIONAL

DURANTE ESTE CURSO DEDICAMOS VARIAS SESIÓNS A TRABALLAR CONTIDOS RELACIONADOS COAS  HABILIDADES EMOCIONAIS.  LEVÁRONSE A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES PARA DESARROLLAR:  CONCIENCIA EMOCIONAL, AUTOESTIMA, REGULACIÓN EMOCIONAL, EMPATÍA, HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.
 ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A IDENTIFICACIÓN DAS EMOCIÓNS:
AS NOSAS EMOCIÓNS NA ASAMBLEA: O ENCARGADO OU ENCARGADA DE CADA DÍA PREGUNTA NA ASEMBLEA A TODOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS COMO SE SENTEN, CADA UN VERBALIZA A SÚA RESPOSTA E EXPLICA O MOTIVO COMPARTÍNDOO CO RESTO DA CLASE. CANDO HAI EMOCIÓNS NEGATIVAS ENTRE TODO O ALUMNADO FALA DELAS E PROPÓN SOLUCIÓNS PARA CAMBIAR OS PENSAMENTOS NEGATIVOS EN POSITIVOS. A TRAVÉS DE CONTOS ASOCIAR PERSONAXE-SITUACIÓNS E EMOCIÓNS/SENTIMENTOS. DRAMATIZAR EMOCIÓNS EN NARRACIÓN DE CASOS.
XOGO “ADIVIÑA COMO ME SINTO” A TRAVÉS DA NOSA EXPRESIÓN CORPORAL OS DEMAIS DEBEN ADIVIÑAR COMO NOS SENTIMOS E LOGO EXPRESAMOS O CANDO E PORQUÉ NOS SENTIMOS ASÍ. EMPREGAMOS UNHA LÁMINA CON DIFERENTES EXPRESIÓNS PARA QUE A IDENTIFIQUEN E RELACIONEN UNHA IMAXE COS SEUS SENTIMENTOS.  ESTA ACTIVIDADE PODEMOS FACELA EN DISTINTOS MOMENTOS DO DÍA, OBSERVAMOS A CARA DE CADA COMPAÑEIRO E COMPAÑEIRA E ADIVIÑAMOS O SEU ESTADO EMOCIONAL.

A CAIXA DAS EMOCIÓNS, O ENCARGADO/A DO DÍA  PECHA OS OLLOS,  METE A MAN NA CAIXA  E SACA UNHA PELOTA QUE EXPRESA UNHA  DAS SEIS EMOCIÓNS BÁSICAS. DEBE IDENTIFICALA E FALARNOS DE CANDO EL/ELA SE SENTE DESE XEITO OU QUE COUSAS FAN QUE SE SINTA ASÍ.

MURAL  “EMOCIÓNS O PRIMEIRO DÍA DE COLE”  CADA NENA E NENO EXPRESOU  ORALMENTE NA ASEMBLEA AS SÚAS EMOCIÓNS COA VOLTA AO COLE, DESPOIS DEBUXARON A EXPRESIÓN DA SÚA CARA E FIXEMOS UN MURAL CON TODAS ELAS.

XOGO DA CAIXA VERMELLA E AZUL: TEMOS DÚAS CAIXAS,   NA VERMELLA METEMOS, AQUELAS EMOCIÓNS E COUSAS QUE NON NOS GUSTAN, QUE NOS DESAGRADAN, OS PENSAMENTOS NEGATIVO… NA CAIXA AZUL METEMOS OS SENTEMENTOS POSITIVOS, AS EMOCIÓNS QUE NOS GUSTAN, É A CAIXA DA TRANQUILIDADE, A RELAXACIÓN, DAS COUSAS QUE NOS GUSTAN.... AO PRINCIPIO FIXÉMOLO COAS CAIXAS FÍSICAS, PERO A MEDIDA QUE SE INTERIORIZOU, AS CAIXAS SON IMAXINARIAS E TÉÑENAS NAS SÚAS CABEZAS. XOGAMOS A METER DENTRO DE CADA CAIXA DIFERENTES SITUACIÓN, EMOCIÓNS, ESTADOS DE ÁNIMO…
CANDO TEÑEN UN PENSAMENTO NEGATIVO MÉTENO NA CAIXA VERMELLA E PÉCHANA MOI BEN PARA QUE NON SALGA NUNCA MÁIS E ABREN A CAIXA AZUL, CAMBIAN ESE PENSAMENTO NEGATIVO POR ALGO QUE LLES GUSTE MOITO QUE ESTÁ NA CAIXA AZUL.
CAIXAS DAS EMOCIÓNS
XOGOS CO ROBOT DOC NO TABOLEIRO DAS EMOCIÓNS, O DADO OU CARTÓNS PARA COMPLETAR EXPRESIÓNS CON PLASTILINA. TODAS ESTAS ACTIVIDADES TEÑEN COMA FINALIDADE IDENTIFICAR EXPRESIÓNS, RECOÑECER EMOCIÓNS E ADQUIRIR VOCABULARIO, EXPRESANDO AS SITUACIÓNS ONDE AS EXPERIMENTAMOS E O PORQUÉ.

XOGAMOS COAS CARTAS DE DRACO E O SABIO (ACTIVIDADE RELACIONADA CO MATERIAL DE VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS) EN PEQUENO OU GRAN GRUPO. LEMOS A CARTA E FACEMOS O INDICADO: POÑER EXPRESIÓNS COA CARA, CONTARLLE Ó GRUPO OS NOSOS GUSTOS,  CANDO SENTIMOS ALGUNHA EMOCIÓN...

CREACIÓN DUN POEMA  RELACIONADO COAS EMOCIÓNS PARA CONMEMORAR A CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.   AS FAMILIAS TAMÉN FIXERON APORTACIÓNS COAS QUE FIXEMOS FINALMENTE OS NOSOS POEMAS.

XOGOS NA REDE SOBRE EMOCIÓNS NO SEGUINTE ENLACE  http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/juegos.php

A TRAVÉS DE DIFERENTES CONTOS DE CONTIDO EMOCIONAL FACILITADOS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN REFLEXIONAMOS SOBRE EMOCIÓNS, SENTIMENTOS E VALORES.

CANTIGAS SOBRE EMOCIÓNS, CANTAMOS E BAILAMOS EN YOTUBE CON EMOTICANTOS.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O AUTOCOÑECEMENTO, A AUTOESTIMA E A MOTIVACIÓN : 
A TRAVÉS DOS ANIVERSARIOS O ALUMNO OU ALUMNA QUE ESTÁ DE ANIVERSARIO É ENTREVISTADO POLOS SEUS COMPAÑEIROS/AS SOBRE  OS SEUS GUSTOS: COMIDA FAVORITA, PELÍCULA PREFERIDA, LIBRO QUE MÁIS LLE GUSTE... O HOMENAXEADO OU HOMENAXEADA DESPOIS DE SOPRAR AS VELAS RECIBE UNHA TARXETA XIGANTE, ONDE TODOS INTERVEÑEN ILUSTRANDO E ESCRIBINDO OS SEUS GUSTOS. 

O XOGO DA TELARAÑA PARA ESTA DINÁMICA PRECISAMOS  DUN NOBELO DE LA E QUE TODO O GRUPO SE COLOQUE EN RODA, VAN PASANDO O NOBELO AO TEMPO QUE DIN O SEU NOME E ALGUNHA CARACTERÍSTICA QUE O/A DEFINA. EXEMPLO: “EU SON .... E  SON  ...(XENEROSO, AMABLE, SOCIABLE, CARIÑOSO).  PÓDENSE FACER VARIACIÓNS PARA FALAR SOBRE CALQUERA EMOCIÓN  OU SENTIMENTO: EU SON... E SÍNTOME... CANDO...   OU  EU SON ... E GÚSTAME... 

QUE SIGNIFICA O MEU NOME, PARA ESTA ACTIVIDADE CONTAMOS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, QUE EXPLICARON AOS NENOS/AS POR QUE LLES PUXERON OS SEUS NOMES E O SEU SIGNIFICADO, ASÍ COMO AS CALIDADES QUE SE LLE ATRIBÚEN AS PERSOAS ASÍ NOMEADAS.

CARTEL COMO SOMOS COMO GRUPO,  EN GRAN GRUPO FIXEMOS UNHA REFLEXIÓN DE COMO NOS VIAMOS COMO GRUPO E DAS  NOSAS CALIDADES POSITIVAS TAMÉN COMO GRUPO. DESPOIS CADA UN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DEBÚXASE, POR EQUIPOS E ESCRIBEN UNHA CALIDADE NO COMPUTADOR. ENTRE TODOS MONTAMOS UN CARTEL COS DEBUXOS DO GRUPO E AS SEIS CALIDADES QUE MELLOR DEFINEN AO GRUPO CLASE. 

AXENDA ESCOLAR.  Ó FINAL DE CADA SEMANA REXISTRAN AS EMOCIÓNS QUE SENTIRON  AO LONGO DA SEMANA. REFLEXIONAMOS EN GRAN GRUPO SOBRE AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS NO COLE E OUTRAS EXPERIENCIAS OCORRIDAS NO CENTRO, NAS CASAS OU NOS MEDIOS E LOGO DEBUXAN A EXPRESIÓN E REDACTAN  O PORQUÉ.  TAMÉN O ALUMNADO VALORA O SEU COMPORTAMENTO DURANTE A SEMANA: SE RESPECTARON AOS COMPAÑEIROS/AS, SE O PROFESORADO ESTIVO SATISFEITO CO SEU COMPORTAMENTO, SE CUMPRIRON COAS NORMAS ESTABLECIDAS; SE SE PRESENTOU ALGÚN TIPO DE CONFLITO OU NON. SE O DÍA FOI BO REXISTRASE CUN GOMET E SE FOI MAL NON SE PON NINGÚN GOMET. REFLEXIONAMOS CONXUNTAMENTE SOBRE O POSITIVO E NEGATIVO DE CADA UN DOS ALUMNOS/AS, ASÍ COMO DAS POSIBILIDADES DE MELLORA OU MODIFICACIÓN DE CONDUCTA.


CAIXA DE CORREOS DAS MENSAXES CON CARICIAS E MENSAXES DE AMIZADE: A CAIXA DE CORREOS É UNHA ACTIVIDADE INICIADA O CURSO PASADO E QUE ESTA SE SEGUIU REALIZANDO DURANTE TODO ESTE CURSO, OS DESTINATARIOS DAS MENSAXES FORON: A FAMILIA, OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CLASE, A PROFE… ENTRE AS MENSAXES FORON DE: AMIZADE, AGARIMO, RESALTAR AS CALIDADES POSITIVAS DA OUTRA PERSOA…



EU PODO PROPOSTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA TODO O CENTRO COA FIN DE  TRABALLAR A MOTIVACIÓN, O ESFORZO E OS RETOS. REFLEXIONAMOS SOBRE ESTES TRES ASPECTOS E COMPROMETÉMONOS DE CORAZÓN A  MANTER A MOTIVACIÓN E O ESFORZO PARA LOGRAR ALGÚNS OBXECTIVOS.

COMO SON EU PARA OS DEMAIS CADA NENO/A ESCRIBE O SEU NOME E MÉTEO NUNHA BOLSA, LOGO VAN COLLENDO  AO AZAR UN PAPEL E DEBUXARÁN AO COMPAÑEIRO/A   QUE LLES TOCOU E ESCRIBIRÁN ALGUNHA DAS SÚAS CALIDADES. FAI CLIK NO LIBRO PARA VELO.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR AS HABILIDADES SOCIAIS:
NA ASEMBLEA, APRENDER A COMUNICAR, DIALOGAR, DEIXAR QUE SE EXPRESEN E IMPULSARLLES A FALAR…
UNHA TARDE COA NOSA MASCOTA  A FINALIDADE ERA ENSINARLLE Á MASCOTA QUE RESPONSABILIDADES TIÑAN AS NENAS E NENOS NA SÚA CASA (POÑER A MESA, ORDENAR O CUARTO, AXUDAR COA COMPRA..), COMO PASABAN A TARDE (ACTIVIDADES) E HÁBITOS (DE HIXIENE, LECTURA...). AS FAMILIAS ENVIARON POR CORREO ELECTRÓNICO ALGUNHAS FOTOS E O PROTAGONISTA COMENTÁBAAS.



EU TEÑO UNHA HABILIDADE  NUN PRIMEIRO MOMENTO PARTIMOS DO CONTO “ VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS” E DA CANTIGA DE PABLO DÍAZ. CADA NENA E NENO  FOI ANUNCIANDO ALGUNHA DAS SÚAS HABILIDADES MENTRES CANTAMOS A CANTIGA: XOGAR AO FÚTBOL OU  AO BALONCESTO, CORRER, FACER O SPAGAT... FIXERON UN DEBUXO REALIZANDO AS DIFERENTES ACTIVIDADES.

O PASEO DAS ESTRELAS INSPIRADOS NUNHA DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS NO “VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS” PEDIMOS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA QUE FALASEN  E RECOÑECESEN CINCO HABILIDADES SOCIAIS  NO SEU FILLO  OU FILLA. 

XOGO DO PAPAGAIO: CON EL  APRENDEN  A ESCOITAR O QUE CONTA UN COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA  E REPETIR O MÁIS EXACTO POSIBLE O QUE DIXO.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLICTOS E A MEDIACIÓN
REALIZAMOS SIMULACIÓNS E DRAMATIZACIÓNS DE SITUACIÓNS CON PROBLEMAS E TENTAMOS ENTRE TODO O ALUMNADO BUSCAR SOLUCIÓNS A TRAVÉS DO DIÁLOGO.
EMPREGAMOS OS CONFLITOS QUE XORDEN NA AULA E  NO PATIO PARA DIALOGAR SOBRE ELES, BUSCAR SOLUCIÓNS E PENSAR COMO SE DEBE ACTUAR.
AS NORMAS DE AULA,   REFLEXIONAMOS SOBRE A IMPORTANCIA DO ESTABLECEMENTO DAS NORMAS  E DO SEU CUMPRIMENTO PARA UNHA BOA CONVIVENCIA. A VALOR DO RESPECTO, A COOPERACIÓN E A TOLERANCIA. CADA POUCO LEMBRAMOS E RECORDAMOS AS NORMAS  QUE PERMITEN MANTER A ARMONÍA NA AULA. ACOMPAÑAMOS DO VISIONADO DE ALGÚN VÍDEO.

A MEDIACIÓN ANTE OS CONFLICTOS   REFLEXIONAMOS SOBRE A MANEIRA DE ACTUAR ANTE ALGUNHA SITUACIÓN DESAGRADABLE OU MOLESTA , FANSE PROPOSTAS  E FINALMENTE  CHEGADOS AO CONSENSO FACEMOS UN CARTEL PARA TER CLARA A RESOLUCIÓN EN 5 PASOS: PARAMOS, RESPIRAMOS, PENSAMOS COMO NOS SENTIMOS, PENSAMOS COMO PODEMOS SOLUCIONALO DA MELLOR MANEIRA E ACTUAMOS. O FUNDAMENTAL É O DIÁLOGO  E RESPECTO ENTRE AS PARTES AFECTADAS SE QUEREN SOLUCIONAR O CONFLITO:  PRIMEIRO FALA UN E EXPÓN A SÚA SITUACIÓN, DESPOIS FALA O OUTRO E EXPÓN A SÚA PARA CHEGAR A UNHA NEGOCIACIÓN OU ACORDO POSITIVO PARA AS DÚAS PARTES. EXPÓÑENSE DIFERENTES SITUACIÓNS PARA ADESTRAR AO ALUMNADO NA RESOLUCIÓN PACÍFICA DE CONFLITOS.
 

A MASCOTA MEDIADORA ANTE UN CONFLITO NA AULA ENTRE DOUS ALUMNOS EMPREGAN A MASCOTA PARA FALARLLE POR QUENDAS  E EXPLICARLLE O QUE NON LLES  GUSTABA E COMO SE SENTÍAN, FINALMENTE PROPOÑEN SOLUCIÓNS.

O DEBATE “TI COMO TE SENTIRÍAS SE…”: EN  GRAN GRUPO,  DÁNSELLES VARIAS SITUACIÓNS AOS NENOS  E NENAS PARA QUE NOS CONTEN COMO SE SENTIRÍAN, POR  EXEMPLO : “TI QUE SENTIRÍAS SE CHE  QUITARAN UN XOGUETE”,  “TI QUE SENTIRÍAS SE VAS A POR O TEU XOGUETE PREFERIDO E NON O ATOPAS”, “TI QUE SENTIRÍAS SE CHE DAN UN AGASALLO”, “CANDO XOGAS COS COMPAÑEIROS E ALGUÉN NON QUERE XOGAR CONTIGO”, “CANDO FAS UN DEBUXO E CHE DIN QUE É FEO”…   A PARTE DOS SENTIMENTOS TAMÉN REFLEXIONARIAMOS SOBRE A MEDIACIÓN COA OUTRA PARTE CANDO NOS SENTIMOS MAL.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ TRABALLAMOS CO LEMA "UNHA REVOLUCIÓN POLA PAZ" APRENDEMOS QUE SIGNIFICA REVOLUCIÓN  E A SÚA ACEPCIÓN DE CAMBIO. PENSAMOS QUE REVOLUCIÓNS PODEMOS FACER POLA PAZ E DESEÑAMOS LOGOS RELACIONADOS. CADA UN DOS SEIS EQUIPOS DAS AULAS DESEÑARON UN LOGO PARA REPRESENTAR A PAZ, DESPOIS PRESENTÁRONO OS DEMAIS E FINALMENTE VOTARON POLO QUE MÁIS LLES GUSTABA QUE SERÍA CO QUE SE FARÍAN AS PEGATINAS PARA O DÍA DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ. LECTURA DO LOGO:

GRUPO 5 ANOS A:  AS NOSAS MANS SOSTEÑEN O MUNDO MENTRES AS POMBAS REPARTEN AMOR.
GRUPO 5 ANOS B: UNHA MAN QUE SUXEITA UNHA POMBA QUE REPARTE PAZ POLO MUNDO.

VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO. A VIOLENCIA, COMO OS VIRUS, SÓ PRODUCEN VÍCTIMAS: TODOS SAÍMOS PERDENDO CANDO ESTOUPA. COMO PASA COAS EPIDEMIAS É MELLOR PREVIR QUE CURAR. POR ISO, DESDE UNICEF, PROPOÑEN QUE ELABOREMOS EN CADA GRUPO AULA UNHA VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO QUE PROTEXA A TODA A NOSA CONTORNA. É UNHA VACINA QUE NON SE PON, HAINA QUE PENSAR!! CLICADE NO ENLACE PARA VELA.

CONVERTERSE EN DRAGÓNS, RATOS E CURUXAS: EXPLÍCASELLES COMO CADA
ANIMAL TEN UN COMPORTAMENTO DIFERENTES, ASÍ QUE SEGUNDO COMO SE COMPORTEN E ACTÚEN SERÁN RATOS, CURUXAS OU DRAGÓNS. OS RATOS AÍNDA QUE SON TRANQUILOS ANTE UN PROBLEMA SAEN CORRENDO A ESCONDERSE, OS DRAGONES CANDO TEÑEN UN PROBLEMA CON ALGUÉN SAEN BERRANDO E DANDO GOLPES, E AS CURUXAS ANTE AGRESIÓNS RESPONDEN CON CALMA, SEGURIDADE E FIRMEZA, RESPECTANDO AOS DEMAIS, E DEFENDENDO OS SEUS DEREITOS PERO ASUMINDO RESPONSABILIDADES. DICIR QUE DEBEN TRATAR DE SER CURUXAS ANTE OS CONFLITOS. EXPOÑENSE DIFERENTES SITUACIÓNS E ELES VAN DICINDO A QUE ANIMAL CORRESPONDE CADA COMPORTAMENTO.

XOGO DA  VARA MÁXICA  MUDAR CUNHA VARA MÁXICA AS PALABRAS DESAGRADABLES  POR  PALABRAS AGRADABLES. POR EXEMPLO “NON TE COES NA FILA, PARVO” PODÉMOLA CONVERTER EN “NON TE COES NA FILA , POR FAVOR”.

ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A RESPIRACIÓN,  A RELAXACIÓN E CONTROL DO PROPIO CORPO:
A RELAXACIÓN E A RESPIRACIÓN  AXUDAN AO ALUMNADO  A RECUPERAR O CONTROL E REDUCIR A TENSIÓN QUE SE PRESENTA EN DIVERSAS OCASIÓN AO LONGO DA XORNADA. ESTAS SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO:
A RESPIRACIÓN:  NUNHA POSICIÓN CÓMODA, EN SILENCIO CUNHA MÚSICA SUAVE OU SEN ELA CONVIDAMOS AO ALUMNADO A TOMAR CONCIENCIA DA SÚA RESPIRACIÓN, PECHANDO OS OLLOS,  INSPIRANDO PROFUNDAMENTE POLA NARIZ, SENTINDO COMA O AIRE ENTRA POLAS FOSAS NASAIS, CHEGA AOS PULMÓNS INFLÁNDOOS E SAE POLA BOCA POUCO A POUCO. PARA A TOMA DE CONCIENCIA PODEN POÑER UNHA MAN ENRIBA DO PEITO OU DA BARRIGA SEGUNDO SEXA TORÁCICA OU ABDOMINAL. TAMÉN PODEMOS EMPREGAR ANALOXÍAS COMPARÁNDONOS CON GLOBOS QUE INFLAMOS COA INSPIRACIÓN E DESINFLÁMONOS COA EXPIRACIÓN. OUTRA ANALOXÍA RECORRIDA  E A DE POÑER UN BARQUIÑO DE PAPEL NA BARRIGA QUE SE MOVE ENTRE AS ONDAS COA NOSA INSPIRACIÓN E EXPIRACIÓN. ESTA ACTIVIDADE XURDIU DESPOIS DA LECTURA DO LIBRO "RESPIRA" DE INÉS CASTEL BLANCO. REALIZAMOS  UN PEQUENO OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA PARA FACER OS BARQUIÑOS, DECORALOS E DESPOIS FIXEMOS A RELAXACIÓN A TRAVÉS DA RESPIRACIÓN ABDOMINAL.


PARA APRENDER A USAR A RESPIRACIÓN ABDOMINAL, TÚMBANSE  E COLOCAN ENRIBA DA TRIPA UN VASOS DE PLÁSTICO, PECHAN OS OLLOS E RESPIRAN DE FORMA MOI LENTA E PROFUNDA CO ABDOME,  SOLTAN O AIRE MOI AMODIÑO,  PARA QUE O OBXECTO NON CAIA
TRABALLAMOS A RESPIRACIÓN A TRAVÉS DALGUNHAS POSICIÓNS DE “YOGA” COMA O SAÚDO AO SOL E A TERRA, O CAN, O GATO, A COBRA, A ABELLA  E A GRÚA...UNINDO A RESPIRACIÓN E O CONTROL DOS MÚSCULOS TRABALLAMOS DIFERENTES POSTURAS.
AXUDÁMONOS DE ALGÚNS VÍDEOS COMA:  YOGA PARA NIÑOS. EL SALUDO AL SOL Y YOGA CON ANIMALES https://www.youtube.com/watch?v=Dwt0qeBj85I
NALGUNHAS OCASIÓNS TAMÉN EMPREGAMOS PARA POÑER A ATENCIÓN NA RESPIRACIÓN AS AUDICIÓNS DE  “TRANQUILOS Y ATENTOS COMO UNA RANA” DE ELINE SNEL.
PEQUENAS MEDITACIÓNS OU  RELAXACIÓNS. REALIZAMOS A RELAXACIÓN DO CORPO  CONDUCINDO AO ALUMNADO A TRAVÉS DE DIFERENTES “NARRACIÓNS E HISTORIAS GUIADAS” A CONTORNAS RELAXANTES, SEGURAS E TRANQUILIZADORAS EMPREGANDO MÚSICA CON SONS DA NATUREZA COMA O CANTO DOS PAXAROS , A AUGA DO RÍO OU AS ONDAS DO MAR. COS OLLOS PECHADOS, PODEN ESTAR TOMBADOS, APOIADOS NA MESA COAS MANS FACENDO UNHA ALMOFADA, OU COAS PERNAS CRUZADAS NA ALFOMBRA E AS MANS DESCANSANDO NOS XEONLLOS.

OUTRA FORMA DE FACELO É A TRAVÉS DE “MASAXES ” COAS MANS, O CONTACTO FÍSICO CON OUTRA PERSOA TENDE A SER UN ELEMENTO TRANQUILIZADOR. ESTES EXERCIZOS SON GUIADOS POLA TITORA E REALIZNASE EN PARELLAS. PODE SER MASAXE CUN DEDO NA CABEZA DO COMPAÑEIRO, OU NAS COSTAS POR EXEMPLO. OUTRO XOGOO  XOGO QUE LLES DIVERTIU FOI O COÑECIDO COMA “BONECO DE TRAPO” UN DOS NENOS/AS FAI DE BONECO/A E O OUTRO É O QUE O MOVE. COMEZAMOS TOCANDO O PELO DO SUPOSTO BONECO/A CON CARICIAS, A CARA, DESPOIS OS OMBREIROS E XA COMEZAMOS A LEVANTAR UN BRAZO LENTAMENTE PORQUE É MOI PESADO E BAIXÁMOLO A MODIÑO POLA MESMA RAZÓN. SEGUIMOS CO OUTRO BRAZO E A CONTINUACIÓN UNHA E OUTRA PERNA.

A REALIZACIÓN DE MANDALAS OU ZENTANGLE ART COMO TÉCNICAS DE RELAXACIÓN OU MEDITACIÓN   DE  VOLTA A CALMA OU ARMONÍA A TRAVÉS DO COLOREADO.

OUTRAS ACTIVIDADES DESENVOLTAS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN EMOCIONAL
OBRADOIRO FAMILIAS: VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS
ALGUNHAS FAMILIAS VIÑERON AO COLE PARA REPRESENTAR A TRAVÉS DUN PEQUENO TEATRO DE MONICREQUES O CONTO "VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS", PROPOSTO POLA FUNDACIÓN MENIÑOS.
DESPOIS DO TEATRO  DESENVOLVERON UNHA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL RELACIONADA CO AUTOCONTROL E A RELAXACIÓN,  AXUDANDO ÁS NENAS E NENOS A FACER CADANSÚA BOTELLA DA CALMA OU MÁXICA.
REMATAMOS FACENDO UNHA PEQUENA SESIÓN DE RELAXACIÓN CON MÚSICA INSTRUMENTAL PARA VER O FUNCIONAMENTO DAS BOTELLAS. CLICA NO ENLACE PARA VELO. http://antiovilaverde.blogspot.com/2019/03/obradoiro-familias-viaxe-ao-reino-das.html

SAÍDA:  TEATRO    GUYI GUYI
FOMOS VER A OBRA DE TEATRO GUYI- GUYI.   GUYI É UN CROCODILO QUE POLO AZAR FOI  NACER NUNHA FAMILIA DE PATOS. VIVE FELIZ CON ELES ATA QUE UN DÍA  SE PERDE E SE ATOPA CUN CROCODILO. NESE MOMENTO DÁSE CONTA DE QUE OS CROCODILOS COMEN PATOS E O NOSO PROTAGONISTA PASA POR DIFERENTES DIFICULTADES PARA CONSEGUIR SER EL MESMO... A TRAVÉS DO  XOGO E DO HUMOR A OBRA CONVÍDANOS REFLEXIONAR SOBRE O MEDO Á DIFERENZA E OS PREXUÍZOS QUE FACEMOS SOBRE AQUELO QUE SE COMPORTA DE MANEIRA DISTINTA AO QUE ESPERAMOS. ESTA OBRA É UNHA ADAPTACIÓN LIBRE DO CONTO O  PATIÑO FEO, QUE TRABALLA A PROCURA DA IDENTIDADE, TAN NECESARIA NA SOCIEDADE GLOBALIZADA.

ASOCIACIÓN DOWN PONTEVEDRA
RECIBIMOS NO COLE ÓSCAR E SANDRA DA ASOCIACIÓN DOWN PONTEVEDRA XUNTOS. CONTÁRONOS QUE É A SÍNDROME DE DOWN E LOGO UN VÍDEO E VARIOS CONTOS RELACIONADOS COA DIVERSIDADE, O RESPECTO, A ACEPTACIÓN DAS DIFERENZAS, A INCLUSIÓN... FOI UNHA SESIÓN MOI ENRIQUECEDORA!! CLICA NO ENLACE PARA VELO
http://antiovilaverde.blogspot.com/2019/04/asociacion-down-pontevedra.html

OS RECREOS INCLUSIVOS VILAXOGOS,  A FINAIS DE ABRIL O ALUMNADO DE INFANTIL  PARTICIPOU EN DIFERENTES XOGOS: PELETRE, BIRLOS, DIANAS, PIZARRAS, CONSTRUCIÓNS E CANTIGAS DE CORRO; NA COMPAÑA DE MONITORAS E MONITORES (O ALUMNADO MAIOR QUE SE ENTRENA NUN NOVO ROL DE TITORIZACIÓN, COLABORACIÓN, ARBITRAXE, MEDIACIÓN  E MONITORIZACIÓN).
PODEDES VER AS FOTOS NO SEGUINTE ENLACE:
http://mascotilandiavilaverde.blogspot.com/2019/04/recreos-inclusivos.html


Ningún comentario:

Publicar un comentario