19 xuño 2019

PROXECTO O UNIVERSO

ESTE ÚLTIMO TRIMESTRE ESTIVEMOS INVESTIGANDO DIVERSOS ASPECTOS DO UNIVERSO E DO ESPAZO. COMO EN TODOS OS PROXECTOS COMEZAMOS VISITANDO, COMO FONTE DE INFORMACIÓN, A NOSA BIBLIOTECA DE CENTRO PARA RECOLLER LIBROS QUE PUIDESEN RESPONDER AS NOSAS PREGUNTAS.  TIÑAMOS INTERESE POR INVESTIGAR: COMO SE CREOU O UNIVERSO, OS TIPOS DE GALAXIAS, O SISTEMA SOLAR, OS PLANETAS E OS PLANETAS ENANOS, OS SATÉLITES NATURAIS E OS  ARTIFICIAIS, A LÚA E AS SÚAS FASES, AS ESTRELAS E AS CONSTELACIÓNS, OS BURATOS NEGROS-OS ASTEROIDES-OS COMETAS, AS VIAXES ESPACIAIS, MULLERES E HOMES ASTRONAUTAS... AS FAMILIAS TAMÉN COLABORARON NA INVESTIGACIÓN COAS NENAS E NENOS  CO QUE FOMOS FACENDO UN MURAL DO PROXECTO E FIXERON ALGUNHAS MAQUETAS DAS GALAXIAS, DO SISTEMA SOLAR...
AS NENAS E NENOS FORON EXPOÑENDO DIFERENTES ASPECTOS DA INVESTIGACIÓN POR EQUIPOS. 
INVESTIGAMOS E APRENDEMOS MOITO SOBRE O UNIVERSO, PERO NON CHEGAMOS A DESENVOLVELO COMO NOS GUSTARÍA CON TODAS AS PROPOSTAS DAS NENAS E NENOS PORQUE O CURSO CHEGOU A SÚA FIN.
5 ANOS A
BIBLIOTECA UNIVERSO A

O UNIVERSO. 5 ANOS A

5 ANOS B
BIBLIOTECA ESPAZO

O ESPAZO 5 ANOS B.

Ningún comentario:

Publicar un comentario