ESTES ÚLTIMOS DÍAS FOMOS VISITAR AS AULAS DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. AS TITORAS DE PRIMEIRO DIXÉRONNOS: QUE ÍAMOS SEGUIR FACENDO PROXECTOS, QUE TRABALLARIAMOS EN GRUPOS PEQUENOS, QUE TAMÉN HABÍA RECANTOS AÍNDA QUE ALGO MÁIS PEQUENOS, QUE MERENDARIAMOS NO PATIO.... DESPOIS SENTAMOS COAS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO E ENSINÁRONNOS OS SEUS TRABALLOS: A AXENDA, A LIBRETA, OS DEBERES... REMATAMOS FACENDO DEBUXOS PARA INTERCAMBIAR COAS NENAS E NENOS COS QUE SENTAMOS. PASAMOS UN RATO AGRADABLE!!! TIÑAMOS ALGUNHAS INQUEDANZAS ANTES DA VISITA PERO AGORA XA TEMOS MÁIS GANAS DE COMEZAR EN PRIMEIRO!!!
5 ANOS A
5 ANOS B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario