20 marzo 2020

QUEDAMOS NA CASA


Presentamos a continuación uns enlaces nos que poderedes atopar actividades para repasar, se queredes, nestes días que estamos sen acudir ao colexio.
Atoparedes enlaces a:              
  • cadernos de caligrafía.
  • cadernos de matemáticas con sumas e restas.
  • contos.
  • recortables para trabajar, a través de personajes, literatura o historia.
  • Podedes anotar cada día o tempo e a temperatura que vai, tal e como faciamos na clase co calendario.
 Tamén vos deixamos enlace ás actividades de Relixión Católica
https://drive.google.com/open?id=1fRPdj1PgDeB7GVxkLi0omgKmJI9-kOb4dYWCLnyMquA
Facemos un reparto indicativo, que poderedes adaptar aos vosos intereses e posibilidades:
Luns 23:
  1. Algo no caderno de matemáticas sumas:  sumas sen levadas
  2. Ler un conto e facer un debuxo que ilustre algunha escea.:EL GRAN VIAJE DE ROK

Martes 24:

-O alumnado tamén poderá escribir unha noticia sobre o CORONAVIRUS, atendendo ás partes que conforman unha noticia e que xa temos traballado na aula. (Cando todo isto remate poderemos pegala no noso diario de clase).

-Podemos anotar nunha táboa cómo organizan o seu día, escribindo as horas e o que fan nese tempo.


Mércores 25:

-Podemos traballar os ordinais escribindo un listado sobre as cousas que máis nos gusta facer na casa coa familia agora que pasamos tanto tempo xuntas e xuntos.

-Podemos facer o cartel DO ARCO DA VELLA coa frase EU QUEDO NA CASA ou TODO VAI SAÍR BEN, para dar ánimos a todas e a todos.
  1. Algo das actividades de resta: Resta sen levadas

Xoves 26:
  1. Valor posicional: valor posición matemáticas
  2. Contamos ata 100: https://es.ixl.com/math/1-primaria/contar-decenas-y-unidades-hasta-100
  3. Facemos unha receita : Ingredientes, utensilios que necesitamos e pasos a seguir. podemos engadir unha imaxe (foto ou debuxo) do resultado.

Venres 27:
  1. Medimos con regra: regla

  • Para traballar caligrafía completamos cun enlace no que podedes atopar fichas imprimibles das diferentes letras, copias etc.:  caligrafía

AS ACTIVIDADES NON SON OBRIGATORIAS, SON UNHA PROPOSTA QUE PERMITA REFORZAR CONTIDOS XA TRABALLADOS NA AULA. PODEDES ESCOLLER AS QUE VOS RESULTEN MÁIS INTERESANTES E MESMO REPARTILAS DOUTRO XEITO, TAL COMO VOS DICIAMOS.

          XA VAI QUEDANDO MENOS, MOITO ÁNIMO!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario