16 marzo 2020

SUSPENSIÓN DE CLASES

Durante estas dúas semanas que as clases estarán suspendidas polo coronavirus, gustaríanos recomendarvos algunhas actividades para facer co alumnado:

 1) O primeiro de todo LER. 
 2) Escritura: copiar,escribir diarios, resumes... 
 3) Traballar un pouquiño de cálculo: facer series, sumas e restas, ordenar números... 
 4) Traballar coa información que hai nos enlaces das páxinas colgadas no blog sobre animais. 
 5) No blog de Inglés tedes tamén unhas cancións, no apartado "First Grade". 
 6) Moitas manualidades.

Ademáis no apartado "Xogos na rede" tedes moitas ideas para aprender e xogar, como por exemplo, "Mundo primaria".

Ningún comentario:

Publicar un comentario