Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento,
decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban
ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións
como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar
sobre que pasaría se non existisen
médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e
limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e
traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de
ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso
centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as
súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta a un deses
colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa
dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén
pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das
persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos
imprescindibles. Compartiremos no blog e
faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo das mestras titoras.
Apertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario