Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo
Carballo Calero. Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso
tradicional Certame de poesía.
Este ano
terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non
queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos que non desapareza axudando todas e todos?. A
idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (un pareado para
o alumnado de infantil e unha estrofa de 4 versos o alumnado de primaria),
escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, recolleremos todo nun folio en
horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.
1. Elaboramos o “poema” orixinal (pareado ou pequena estrofa) en lingua
galega.
2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.
3. Ilustramos cun debuxo.
4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo das mestras.
Apertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario