Que mellor maneira de celebrar o DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS que visitando o MUSEO DE PONTEVEDRA?
Participamos nunha actividade titulada CAIXA DE FERRAMENTAS:
Un paseo pola Prehistoria.
Explicáronnos a evolución da tecnoloxía e o uso de diferentes materias primas e a súa transformación. Repasamos conceptos arqueolóxicos. Tocamos réplicas de obxectos expostos nas vitrinas. Manexamos información dos diferentes períodos da Prehistoria. Admiramos algunhas coleccións como o tesouro de Caldas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario