10 maio 2023

VISITA AO PAZO VISTA REAL

Hoxe foi un día moi especial. Viaxamos ata o concello de Vilanova de Arousa e visitamos o PAZO VISTA REAL.

Nada máis chegar, levamos unha enorme sorpresa cando vimos á profe Puri que esperaba para darnos unha cariñosa benvida. Acompañounos toda a xornada e disfrutamos falando con ela e intercambiando anécdotas.

Fixemos dous tipos de actividades: unha divertida visita teatralizada con percorrido pola finca do Pazo e unha visita ao invernadoiro con plantación de leitugas.

Entendemos o nome do Pazo cando observamos as vistas da contorna:

A familia Martínez foi a protagonista da visita teatralizada. D. Miguel e Dna. Margarita, antigos donos do Pazo foron os guías durante todo o percorrido. Pouco a pouco, foron incorporándose diferentes personaxes que nos achegaron informacións do patrimonio etnográfico, cultural e natural do Pazo Vista Real. Estivemos moi atentas e moi atentos a todas as explicacións. Houbo tamén tempo de merenda, de xogos no parque e de entretidos paseos polo labirinto.

No invernadoiro, plantamos leitugas que ao rematar a xornada puidemos levarnos para coidar na casa e ver como medran.

As actividades estiveron monitorizadas polo alumnado dos Obradoiros de Turismo e Xardinería do Pazo. Agradecemos a todo o persoal que nos acompañou, explicou e atendeu con mimo durante toda a visita. Parabéns!!! 👏👏👏

Unha aperta especial á profe Puri 😍😍😍

*Clicando nas imaxes podemos entrar nos diferentes álbumes e lembrar esta magnífica xornada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario