13 maio 2020

DÍA DE DISFRACES

Pois sí! aceptamos o reto da clase de 1ºA, e aquí temos aos nenos e ás nenas de 1ºB todos equipados cos disfraces. Atopamos princesas, superheroes, personaxes de videoxogos, piratas, unha  Minnie, magas, futbolistas, personaxes de películas... ESTABADES TODOS E TODAS MOI GUAPOS E GUAPAS!!!!




























E agora as profes!!!!





11 maio 2020

CERTAME DE POESÍA

Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo Carballo Calero. Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso tradicional  Certame de poesía. Este ano terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos  que non desapareza axudando todas e todos?. A idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (un pareado para o alumnado de infantil e unha estrofa de 4 versos o alumnado de primaria), escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, recolleremos todo nun folio en horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.

1. Elaboramos o “poema” orixinal (pareado ou pequena estrofa) en lingua galega.

2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.

3. Ilustramos cun debuxo.

4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita  ao correo das mestras.





                 

Apertas.
5 libros de poesía para niños

ACTIVIDADES PARA A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Bos días nenos e nenas de 1º! Esta semana celebraremos o Día das Letras Galegas. Como vedes, tedes que premer cada día no enlace correspondente e atoparedes un montón de propostas de actividades diferentes elaboradas polos equipos de Biblioteca, ENL , Orientación e TICs.


Ao rematar a semana, gustaríanos que grabaseis un audio lendo o conto de "As pitas baixo a choiva". Pode ser todo o conto, só unha parte...e así escoitamos o ben que xa sabedes ler.

08 maio 2020

FESTA DE DISFRACES!!!!

  Hoxe, na nosa videochamada, os nenos e nenas de 1ºA fixemos unha festa de disfraces. Estivemos toda a semana preparando a sorpresa, e hoxe...que maravilla cando empezaron a aparecer na pantalla!
Tivemos dous Spiderman, unha bailarina, unha pirata, un clon de Star Wars, un axente do FBI, dous paiasos, Pippi Calzaslargas, un velliño, Super Mario e Super Mario Odissey, un ninja, unha princesa, Batman, un  SuperZing, Elsa, unha espía do futuro, un dinosaurio,un rapero, dúas bruxiñas, a Gatuno dos Pijamax, Jeff the killer, unha sevillana, un mexicano...

Compañeiros e compañeiras de 1ºB, queredes facer tamén a vosa festa?
 







  






Moitas gracias a todas as familias!!!! E a Amira e Xudith, que tamén se apuntaron!!


,

O NOSO CONTO DE RODARI

Aqui vos deixamos o conto que fixemos todos xuntos pola conmemoración de  GIANNI RODARI.
Este conto quedou xenial, e gustaríanos que o tiverades, xa que vós sodes os autores do memo!!!
Seguido tedes o conto do que collimos un anaco para formar o noso, pode ser moi interesante que lle botedes unha ollada, parécese en algo á nosa historia?







07 maio 2020

O ABECEDARIO DOS TRANSPORTES

  Na actividade de hoxe unimos medios de transporte e abecedario. Primeiro escribimos o abecedario, asi o repasamos, e logo tentamos poñer un transporte que empece con cada letra. Mirade, as tres primeiras xa están feitas. Seredes capaces?

A: avión
B: barco
C: coche
D:
E:
F:


De agasallo aquí tedes unha actividade para poñer a proba a vosa concentración:

Busca as diferencias

06 maio 2020

CANTAS PERSOAS PODEN IR?

  Bos días!! No día de hoxe propoñemos que investiguedes cantas persoas poden ir nos diferentes medios de transporte que tedes nas vosas táboas destos días. Así poderemos saber cáles son colectivos e cales son individuais. É outra forma de clasificalos, verdade?  Facemos unha nova táboa?

                    Dibujos de colectivos escolares para pintar | Colorear imágenes



                                            Las 70 mejores imágenes de LOS JUGUETES Y LOS JUEGOS | Juguetes ...

 E botade unha ollada no blog de música, de Ed. Física...

05 maio 2020

IN ENGLISH!

Clicade aquí para ver todas as actividades que podedes facer tamén en inglés. Están tamén no voso blog de inglés.



English activities

MEDIOS DE TRANSPORTE: DEFINICIÓNS

Bos días! Aquí temos dúas fichas para continuar traballando os medios de transporte. Na primeira tedes que unir as definicións cos debuxos e na segunda buscar os nomes dos medios de transporte.