Ata setembro!!!!!
ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
19 xuño 2020
17 xuño 2020
TEMOS COMPAÑEIROS QUE TAMÉN QUEREN DESPEDIRSE
O noso compañeiro Fabrizzio quiso despedirse de todos os seus compañeiros e compañeiras neste vídeo. Tamén ten un recordo para as profes. Botade unha ollada...
Daniel Sartier non poido estar na videochamada de despedida da clase, pero deixounos esta mensaxe!!!!
AS TITORAS QUEREMOS DECIRVOS....
Nenos e nenas de 1º!!! Chega a hora da despedida...pero unha despedida alegre, porque temos un verán longuísimo por diante para xogar e disfrutar e logo, en setembro...Vémonos con moitas ganas aquí no cole!!
Un millón de bicos de Mariluz e Ruth!!!!!
16 xuño 2020
15 xuño 2020
ADIVIÑA QUEN É...
08 xuño 2020
DE REPASO...
Nenos e nenas, estamos a piques de rematar este primer curso de Primaria. Que vos parece un repasiño para estes días que quedan?
Veredes que tedes actividades de todas as áreas: lingua, matemáticas, ciencias.. clicade nos debuxos e aparecerán moitas propostas. Elexide unhas cantas para facer, as que queirades, hai fichas para imprimir, enlaces para ver vídeos, test para comprobar todo o que aprendiches, unha manualidad preciosa para facer en familia...
Veredes que tedes actividades de todas as áreas: lingua, matemáticas, ciencias.. clicade nos debuxos e aparecerán moitas propostas. Elexide unhas cantas para facer, as que queirades, hai fichas para imprimir, enlaces para ver vídeos, test para comprobar todo o que aprendiches, unha manualidad preciosa para facer en familia...
05 xuño 2020
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Bos días rapazas e rapaces!! Hoxe é o día do medio ambiente e aquí temos algúns videos para recordar como temos que tratar o planeta para coidalo...
No enlace do delincuente ecolóxico tedes que ser detectives e tedes tempo para atopar as pistas, quén estará contaminando? A DESCUBRILO!!!
cuidar el medio ambiente
Reducir, reutilizar y reciclar
Delincuente ecológico
No enlace do delincuente ecolóxico tedes que ser detectives e tedes tempo para atopar as pistas, quén estará contaminando? A DESCUBRILO!!!
cuidar el medio ambiente
Reducir, reutilizar y reciclar
Delincuente ecológico
02 xuño 2020
EXPERIENCIAS NA RÚA: AS NOSAS SAÍDAS, COMO SON?
01 xuño 2020
EXPRESIÓN CORPORAL E DRAMATIZACIÓN
25 maio 2020
XA PODEMOS SAÍR Á RÚA
Estimadas familias,
As nenas e os nenos xa poden saír á rúa con
coidado. Este feito amosa en elas e eles diferentes
sentimentos, emocións, desexos, percepcións,... É bo que lles axudemos a
expresalos para que os entendan mellor e tamén para que lles poidamos axudar a
percibir a situación adecuadamente. Sen présas convén ir traballando a
situación, ser pacientes e darlle a cadaquén o tempo que precise para afacerse.
Propoñemos que conten “A saída á rúa tras o
confinamento”, pode ser cun debuxo único ou un cómic (de tres a 6 viñetas),
pode ser real ou imaxinario, pode ser en pasado ou en futuro,... Compartiremos para
elaborar “EXPERIENCIAS NA RÚA CONTRA O CORONAVIRUS”.
1. Falamos do que sentimos nese momento e como poderíamos debuxalo, formas,
cores,...
2. Debuxamos nun folio colocado en horizontal.
3. Coloreamos e poñemos título.
4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo das mestras titoras.
SEMANA MATEMÁTICA 2
21 maio 2020
OVELLAS DE ALGODÓN
Hoxe a profe de Relixión recopilou todos os traballos dos nenos e nenas de 1º. Queredes ver que ovellas tan amorosas fixeron?
19 maio 2020
AS PITAS BAIXO A CHUVIA CON MARIONETAS
Ola a todas e a todos!! A nosa compañeira Inés de 1º B preprarou a lectura do conto con monicreques, quedou xenial e queremos compartirlo con vós.
18 maio 2020
CARTAS DE AGRADECEMENTO
Estimadas familias:
Durante todo este tempo de confinamento,
decatámonos da importancia duns traballos que tiñamos esquecidos, que estaban
ao noso carón mais non nos fixabamos no imprescindibles que son en situacións
como as que estamos a vivir. As nenas e os nenos deben coñecer isto. Reflexionar
sobre que pasaría se non existisen
médicas e médicos, policías, enfermeiras e enfermeiros, limpadoras e
limpadores, servizo de limpeza do concello, gardas civís, traballadoras e
traballadores en tendas de alimentación, transportistas, persoal de
ambulancias, agricultoras e agricultores, gandeiras e gandeiros,... Algunhas nenas e algúns nenos do noso
centro teñen familiares neses colectivos e poden comentar en primeira persoa as
súas percepcións.
Propoñemos que escriban unha carta a un deses
colectivos agradecendo o seu traballo, amosando a súa admiración pola súa
dedicación e/ou indicando o importante que consideran o seu traballo, tamén
pode ser unha carta para contar a súa experiencia como familiar dalgunha das
persoas que non puideron confinarse ao pertencer á franxa de traballos
imprescindibles. Compartiremos no blog e
faremos chegar as cartas virtualmente aos colectivos que temos ao noso redor.
1. Escribimos en folio unha carta con letra lexible.
2. Remitimos a nosa escrita ao correo das mestras titoras.
Apertas.
SEMANA DAS MATEMÁTICAS
Bos días nenos e nenas!!! Esta semana temos un montón de propostas moi divertidas para repasar matemáticas. Hai enlaces para cancións, xogos, vídeos, fichas.... Tedes que clicar nas iconas (a calculadora, a guitarra, o corazón...) para atopar cada proposta. Podedes elexir vos a orde, e non é obrigatorio facer todooooooo.O luns 25 de maio será o último día para que nos envieis ás titoras o producto final
">
">
17 maio 2020
O MUSEO VIRTUAL AMPLÍASE
Estes días chegaron máis obras de arte con material de refugallo. Mirade a cidade de Pontevedra imaxinada por Tiago e os seus irmáns...Chulísima... Sara, Sergio, Dani Barreiro e Miranda tamén fixeron manualidades preciosas.
15 maio 2020
DÍA DA FAMILIA
Hoxe 12 de maio celébrase o Día da Familia. Mirade que agasallo tan bonito preparamos no cole: un conto moi bonito para ler, despois para escoitar e ver... É unha adaptación en galego do conto "Un puñado de botones".

Conto para ler: Por un puñado de botóns
Vídeo: Por un puñado de botóns
E se vos apetece, tedes tamén un conxunto de actividades para traballar todos xuntos e xuntas en casa, coa familia, disfrutando da súa compañía...
Actividades educación emocional para familias
Conto para ler: Por un puñado de botóns
Vídeo: Por un puñado de botóns
E se vos apetece, tedes tamén un conxunto de actividades para traballar todos xuntos e xuntas en casa, coa familia, disfrutando da súa compañía...
Actividades educación emocional para familias
13 maio 2020
DÍA DE DISFRACES
Pois sí! aceptamos o reto da clase de 1ºA, e aquí temos aos nenos e ás nenas de 1ºB todos equipados cos disfraces. Atopamos princesas, superheroes, personaxes de videoxogos, piratas, unha Minnie, magas, futbolistas, personaxes de películas... ESTABADES TODOS E TODAS MOI GUAPOS E GUAPAS!!!!
E agora as profes!!!!
12 maio 2020
11 maio 2020
CERTAME DE POESÍA
Estimadas familias
Achégase o día das Letras Galegas. Este ano homenaxéase a Ricardo
Carballo Calero. Todos os anos dende hai xa 28 anos, celebramos o noso
tradicional Certame de poesía.
Este ano
terá que ser algo diferente debido á crise COVID-19, pero non
queremos renunciar ao noso XXVIII Certame... que tal se tentamos que non desapareza axudando todas e todos?. A
idea é elaborar na casa, en galego, un poema orixinal curtiño (un pareado para
o alumnado de infantil e unha estrofa de 4 versos o alumnado de primaria),
escribilo de maneira moi lexible e ilustralo, recolleremos todo nun folio en
horizontal. Compartiremos para elaborar o noso LIBRO VIRTUAL DE POESÍAS.
1. Elaboramos o “poema” orixinal (pareado ou pequena estrofa) en lingua
galega.
2. Escribimos nun folio colocado en horizontal.
3. Ilustramos cun debuxo.
4. Remitimos a nosa creación co nome colocado na parte inferior dereita ao correo das mestras.
Apertas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)