28 novembro 2016

AS MASCOTAS DO COLE DAS E DOS MAIORES

CADA CLASE DO COLE TEN UNHA  MASCOTA E TODAS AS MASCOTAS DO COLE VIVEN EN MASCOTILANDIA.  O MARTES  ALGÚNS NENOS E ALGUNHAS NENAS DE PRIMEIRO VIÑERON AS NOSAS AULAS,  PARA ENSINARNOS AS MASCOTAS DAS SÚAS CLASES.


CLICADE NAS FOTOS: MASCOTAS DOS MAIORES

NÓS TAMÉN QUEREMOS TER UNHA MASCOTA,  ASÍ QUE ESTES DÍAS ESTAMOS A FALAR DE COMO VAI SER,  XA VOS CONTAREMOS.


AS NOSAS MASCOTAS

ESTIVEMOS CONTANDO TODO O QUE SABIAMOS DAS MASCOTAS QUE TROUXEMOS DA CASA: COMO SE CHAMABAN, SE TIÑAN VIDA OU SE ERAN UN XOGUETE, ONDE VIVÍAN, AS SÚAS CARACTERÍSTICAS FÍSICAS, COMO AS COIDABAMOS...
 FOMOS ESCOITANDO MOI ATENTOS E ATENTAS O QUE CONTABAN OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS E TAMÉN LLES FACIAMOS PREGUNTAS, LEVANTANDO A MAN...
CLICADE NAS FOTOS AS NOSAS MASCOTAS. GRUPO A.AS NOSAS MASCOTAS. GRUPO B.

27 novembro 2016

POESÍA: FOLLIÑA AMARELIÑA

NO OUTONO MOITAS FOLLAS DAS ÁRBORES TORNAN A COR VERDE POR AMARELA ENTRE OUTRAS. NESTA COR DO OUTONO TAN FERMOSA INSPIRÁMONOS PARA REPRESENTAR A SEGUINTE POESÍA. ¡BOTÁDELLE UN OLLO Ó VÍDEO!

21 novembro 2016

NORMAS DE AULA

OS NENOS E NENAS DO GRUPO A E B CONSENSUARON AS NORMAS DA AULA, PARA MANTER UNHA BOA CONVIVENCIA E GARANTIR O BENESTAR DE TODOS NÓS. ¡PODEDES BOTARLLE UN OLLO, SON MOI SINXELAS DE RESPECTAR!

15 novembro 2016

CANTIGA:TRES CASTAÑAS POLO CHAN

DESPOIS DE DEGUSTAR AS RICAS CASTAÑAS DO MAGOSTO CANTAMOS A CANTIGA "TRES CASTAÑAS POLO CHAN". ¡BOTÁDELLE UN OLLO OS VÍDEOS!

13 novembro 2016

O MAGOSTO

O VENRES DÍA 11 FIXEMOS O MAGOSTO NO "COLE": XOGAMOS, BAILAMOS, CANTAMOS, COMEMOS... DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO BOTÁDELLE UN OLLO:

06 novembro 2016

CANTIGA PARA O MAGOSTO: TRES CASTAÑAS POLO CHAN

COMO BEN SABEDES O VENRES CELEBRAMOS O MAGOSTO!!! A  FESTA QUE MÁIS LLE GUSTA A ANTÍO.  NÓS TAMÉN ESTAMOS MOI ILUSIONADOS POR SER A PRIMEIRA  GRAN CELEBRACIÓN  NO COLE. A CANTIGA QUE IMOS CANTAR NESTE DÍA TAN ESPECIAL É MOI SINXELA E FÁCIL DE CANTAR. ¡¡BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO E CANTÁDEA TAMÉN!!

03 novembro 2016

COMENZAMOS UN NOVO PROXECTO: "A MASCOTA DE CLASE"

RECIBIMOS UNHA CARTA DE LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA:


ASÍ COMEZARON A FLUÍR DESTAS PEQUENAS E PRODIXIOSAS CABEZAS MOITAS IDEAS E IMPRESIÓNS DO QUE É UNHA MÁSCOTA. O LUNS TEMOS QUE TRAER AO COLE FOTOS DAS NOSAS MÁSCOTAS.

CANTIGAS E OUTONO

ESTES DÍAS APRENDEMOS ALGUNHAS CANTIGAS PROPIAS DA ESTACIÓN NA QUE ESTAMOS "O OUTONO". UNHA FERMOSA ESTACIÓN QUE CHEGA DESPOIS DO VERÁN DEIXÁNDONOS CORES TAN BONITAS COMA O MARRÓN E O AMARELO ENTRE OUTRAS, A CAÍDA DAS FOLLAS DAS ÁRBORES, ALGUNHAS FROTIAS (CASTAÑAS, NOCES, ESPIGAS, UVAS, MAZÁS, CABAZAS...). TAMÉN ACOMPAÑAN A CHEGADA DO OUTONO O ABRIGO, O PARAUGAS, AS BOTAS DE AUGA... ESCOITADE ESTAS CANTIGAS E ANIMÁDEVOS A CANTALAS, ¡NÓS XA O FACEMOS! TAMÉN NOS GUSTA ESCOITAR E RELAXARNOS COA PEZA MUSICAL O OUTONO DE VIVALDI

01 novembro 2016

CHEGA O PAPÁ DE ANTÍO A NOSA CLASE.

O PAPÁ DOS ANTIOS PEQUECHOS VEU A VISITARNOS E TROUXONOS UNHA CARTA ONDE DECÍA QUE ERA A MASCOTA DO MAGOSTO, TAMÉN NOS PREGUNBA SE SABÍAMOS QUE ERA UNA MASCOTA, E QUE ERA O MAGOSTO. TODOS E TODAS FOMOS CONTANDO O QUE SABIAMOS E A PROFE FOI ESCRIBINDO NUN PAPEL. GUSTOUNOS MOITO TOCAR AO PAPÁ DE ANTÍO, QUE TEN O MESMO NOME CA EL. EMPEZAMOS A INVESTIGAR COUSAS SOBRE O OUTONO (FROITOS, FROITAS, ÁSBORES, ROUPA, ANIMÁIS...) E SOBRE O MAGOSTO. ¡MIRADE QUE APERTAS E ALOUMIÑOS LLE FIXEMOS A PAPÁ ANTÍO, MARCHOU FELIZ PARA A BIBLIOTECA !

SAMAÍN

ESTES DÍAS ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN. FIXEMOS UNHA FANTASMA, CANTAMOS A CANTIGA "EL FANTASMA MANOLÍN". TAMÉN DECORAMOS A CLASE CON ARAÑAS, MORCEGOS, BRUXAS, MAGOS, CABAZAS, ESQUELETES, MOMIAS E COMA NON PANTASMAS. ¡BOTÁDELLE UN OLLO O VÍDEO E NON VOS ASUSTEDES! ¡FELIZ SAMAÍN! ESTA É A CANTIGA DO FANTASMA MANOLÍN: