ESTE É O BLOG DAS NENAS E DOS NENOS DE 4º DE EP. NEL APARECERÁN MOITAS NOVAS DO QUE VAI ACONTECENDO NA AULA. AGARDAMOS QUE NOS ACOMPAÑEDES NAS NOSAS APRENDIZAXES ESTE CURSO
30 novembro 2020
BODEGÓNS DE OUTONO
24 novembro 2020
PROXECTO AS PLANTAS: partes das plantas, como se alimentan e a xogar!!!
Comezamos novo proxecto!!!! Este proxecto sobre as plantas vaimos permitir aprender moito delas e da importancia que teñen. Seguro que ademáis de aprender imos divertirnos moitísimo!
16 novembro 2020
LIBRO DE LECTURA: LA DESPENSA MÁGICA
Estes días imos ler un libriño que ten moi boa pinta: La despensa mágica. A súa autora é Begoña Oro, así que primeiro temos que coñecer un pouquiño máis desta escritora. Que nos di a portada? De que pensamos que trata o libro? Quen serán os protagonistas? O ilustrador é importante neste libro?
Todas estas preguntas iremolas contestanto ao longo destes días de lectura.
13 novembro 2020
O CUCURUCHO DAS EMOCIÓNS
Como vedes hoxe no cole tivemos un día moi especial. Despois do traballo do magosto, as merendas de outono feitas na casa... aínda quedaba outra sorpresa!!!
Os nenos e nenas de 2º estiveron falando dos sentimentos, das emocións...e fixeron este mural tan colorido e fermoso: O CURURUCHO DAS EMOCIÓNS!!! O cucurucho está cuberto cos corazonciños de todos e todas, e as emocións están escritas en cada castaña...
Para rematar o día do magosto: un montón de chuches dentro do cucurucho!!!
DÍA DO MAGOSTO 2020
CONTOS E HISTORIAS DO MAGOSTO 2020
Todas as nenas e nenos de segundo participamos nunha actividade moi interesante onde nos poidemos converter en autores de historias e contos relacionados co Magosto.
Ao longo da semana estivemos escribindo, coloreando, organizando...Estamos moi orgullosas e orgullosos dos resultados acadados, e as nosas portadas son dignas de compartir.
Aquí algúns exemplos:
10 novembro 2020
TANGRAM
Traballar co Tangram permite mellorar a memoria visual, a orientación espacial, o razoamento lóxico, a coordinación óculo-manual... Pouco a pouco imos asentando as bases da xeometría e aprendendo conceptos matemáticos xogando e manipulando. Que caras de concentración temos!!!
PREPARANDO O MAGOSTO 2020
Seguimos preparando o Magosto de este curso. Queremos mostrarvos algunhas actividades que estamos a facer estes días en clase. Pasamos bos ratos e as ganas da festa van en aumento!!
09 novembro 2020
SEMANA DO 9 AO 13 DE NOVEMBRO
Fichas traballadas na aula nesta nova semana. Comezamos cun reto de escritura creativa, serán 14 días de inventar historias, describir, resumir... Xa veredes o resultado nos nosos libriños.
Nenos e nenas que estades na casa, moito ánimo!!! Estamos desexando que veñades ao cole.
05 novembro 2020
OBRA DE TEATRO NO SAMAÍN 2020
As nenas e nenos de segundo preparamos esta dramatización do Samaín. Traballamos a entonación, a lectura en galego, aprendimos cómo é una obra de teatro... E o máis importante: pasámolo moi ben!!!!
Deíxamos aquí os audios para que poidades disfrutar!!!
Tamén vos deixamos unhas fotos de como quedaron as nosas clases decoradas o venres pasado
04 novembro 2020
XOGOS MATEMÁTICOS
Pasámolo en grande xogando cas centenas na aula... Tiñamos que atopar as parellas formadas polo número e a súa descomposición, e con tempo!!! Todo un reto para cada un/ unha de nós!!