Vaia actividade chula que fixemos hoxe en 2º!!!!
En grupos de seis detectives tivemos que superar catro probas, primeiro o alumnado de 2º B e logo 2ºA:
1) Abrir unha caixa forte. Para adiviñar a contraseña tiñamos que ordear unha historia, pero o máis difícil é que algunha parte estaba con escritura en espello!!!
2) Montar un circuito no xeoplano e facer o recorrido cunha boliña. Que emoción!!!!
3) Superar unha ronda de preguntas interactivas para evitar unha invasión alieníxena.
4) Resolver catro problemas matemáticos para poder abrir os candados que estaban escondidos por todo o patio. Localizar os candados xa era todo un reto, porque aínda que levamos un plano, algún estaba moi escondido!!!
Pasámolo xenial e conseguimos encher de estrelas as nosas tarxetas de detectives.